Un incendio nun alpendre en Cospeito deriva nunha pelexa entre veciños, un deles ferido

Ocorreu xunto a unha vivenda deshabitada.

Por Europa Press / Redacción | Lugo | 25/02/2022 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

Un incendio nun alpendre xunto a unha vivenda deshabitada en Cospeito derivou nunha pelexa entre veciños. Un deles acabou cunha fenda na cabeza e tivo que ser atendido sanitariamente.

Coche da Garda Civil.
Coche da Garda Civil.

Segundo informou a Garda Civil de Lugo, agora investígase este incendio, que afectou a maquinaria agrícola.

Vinculado co lume, produciuse a "agresión" entre veciños, e un deles foi trasladado ao Hospital Lucus Augusti cunha fenda na cabeza. O acusado de ser o autor do golpe foi identificado pola Garda Civil.

Doutra banda, a Garda Civil de Lugo identificou e propuxo para sanción ao propietario duns cans por mor da investigación da morte de varias ovellas e galiñas en Monterroso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta