Novo proxecto de voluntariado ambiental para a conservación de humidais e flora na Costa da Morte

ADEGA pon en marcha esta iniciativa aberta ao público co apoio de CaixaBank.

Por Galicia Confidencial | FISTERRA | 27/02/2022 | Actualizada ás 21:02

Comparte esta noticia

A eliminación de especies invasoras e a limpeza de praias ou as saídas de campo e eventos bioblitz son algunhas das actividades abertas á cidadanía que vén de anunciar a organización ecoloxista ADEGA na Costa da Morte. Faino no marco do novo proxecto que impulsan: o ‘Voluntariado ambiental para a conservación dos humidais e da flora da Costa da Morte’, unha iniciativa que conta co apoio de CaixaBank e buscará a participación activa da cidadanía para "incrementar o seu coñecemento e empatía co territorio".

Costa da Morte
Costa da Morte | Fonte: freepiks.

Ademais das actividades sinaladas, indican dende ADEGA que, como parte deste proxecto, editarán un tríptico sobre os hábitats e a diversidade da Costa da Morte e realizarán xornadas formativas sobre as microrreservas da zona con persoal técnico ligado ás zonas de actuación. Dende organización apuntan á participación cidadá  como "eixo esencial" deste proxecto porque a cidadanía é "garante da conservación da biodiversidade"

Este ‘Voluntariado ambiental para a conservación dos humidais e da flora da Costa da Morte' fíxose posible a través a ‘Convocatoria de Medioambiente 2021’.  Con esta iniciativa,  ADEGA dá continuidade ao traballo que desenvolve desde hai anos a través de accións como a creación de ‘Microrreservas de Flora’ para a preservación destes "tesouros" ambientais. O obxectivo da ‘Convocatoria de Medioambiente 2021’, posta en marcha por CaixaBank, é impulsar iniciativas que busquen mellorar o patrimonio natural a través da protección da biodiversidade, a innovación ambiental e a loita contra a despoboación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta