Temas: O BARCO

Amplo despregamento para sufocar un incendio que afecta tres naves industriais no Barco

O lume provocou unha importante columna de fume.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/02/2022 | Actualizada ás 20:32

Comparte esta noticia

Un amplo dispositivo de equipos de emerxencia traballan nun incendio que afecta a tres naves industriais situadas na Avenida de Galicia da localidade ourensá do Barco de Valdeorras. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, a central de emerxencias tivo constancia do inicio do incendio ao redor das 18,30 horas deste luns e activou a alerta.

Incendio en naves industriais no Barco.
Incendio en naves industriais no Barco.

Na zona había un amplo despregamento de medios para facer fronte ao lume no que traballan os bombeiros de Valdeorras, Monforte e Verín; o GES de Valdeorras e A Veiga, Urxencias Sanitarias 061, Policía Local, Garda Civil e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Barco.

As chamas, segundo concretou o alcalde do concello, Alfredo García, orixináronse nunha nave que almacena resina e estendéronse aos dous lindeiros.

O lume provocou unha importante columna de fume debido ao material que albergaba a nave na que se iniciou o incendio. Segundo o rexedor, as chamas estaban preto de ser controladas.

Temas: O BARCO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta