Extinguido o gran incendio de Padrenda que calcinou case 69 hectáreas en 12 horas

Na súa extinción participaron dous axentes, seis brigadas e dúas motobombas.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 01/03/2022 | Actualizada ás 09:55

Comparte esta noticia

O incendio forestal que afectou a Padrenda quedou extinguido ás 11,35 horas deste martes tras calcinar 68,7 hectáreas de monte raso.

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o lume comezou ás 23,30 horas e quedou extinguido ás 11,35 horas da mañá deste martes. Na súa extinción participaron dous axentes, seis brigadas e dúas motobombas.

A Consellería de Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono 085, ao que se debe chamar se se detecta algún lume forestal. Tamén existe o teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria 900 815 085. A información pódese seguir a través de Twitter: @incendios085.

Incendio en Padrenda / tuitter EmerxenciasOU Incendio en Padrenda / tuitter EmerxenciasOU
Incendio en Padrenda / tuitter EmerxenciasOU Incendio en Padrenda / tuitter EmerxenciasOU

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta