Feridos dous mozos tras chocar contra o muro dunha casa en Ordes

Os dous foron levados ao hospital da Coruña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2022 | Actualizada ás 10:09

Comparte esta noticia

Dous mozos resultaron feridos tras saírse da vía e chocar contra o muro dunha casa o vehículo no que circulaban no termo municipal de Ordes.

Segundo a información facilitada polo 112 Galicia a Europa Press, este sinistro tivo lugar sobre as 4,00 horas deste martes á altura do quilómetro oito da estrada AC-409 ao seu paso pola parroquia de Leira, na estrada de Ordes a Ledoño, ao pasar a primeira rotonda.

Ademais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foron mobilizados efectivos da Garda Civil de Tráfico, que confirmaron que o coche implicado saíu da vía e chocou contra o muro dunha casa.

O 061 enviou ao lugar dúas ambulancias de soporte vital avanzado e unha de soporte vital básico, así como persoal sanitario do Punto de Atención Continuada de Ordes para atender a dous pacientes: os homes M.S.M., de 23 anos, e R.M.R., de 28 anos, que foron levado ao Hospital A Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta