Soben ao 21,8% os nenos de 5 a 11 anos con pauta completa contra a Covid-19 en Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2022 | Actualizada ás 11:34

Comparte esta noticia

A vacinación contra a Covid-19 en Galicia avanza e no caso concreto da poboación pediátrica de cinco a 11 anos aumenta ao 21,8 por cento a cifra de menores coa pauta completa. No conxunto de Galicia, o 90,89 por cento dos seus habitantes finalizou o proceso.

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade este martes no 'Cronómetro de vacinación' con respecto á xornada de vacinación deste luns pasado, recollidos por Europa Press, as doses administradas aumentan a 6.532.662, despois de ser postas outras 1.162.

Desas 1.162 doses, un total de 180 foron administradas para completar pautas, o que eleva a 2.454.190 as persoas co proceso finalizado en Galicia, que representan o 90,89% da súa poboación.

Varios nenos acompañados, á súa chegada ao recinto feiral Expourense para ser vacinados contra a Covid-19 / Rosa Veiga - Europa Press. / Europa Press
Varios nenos acompañados, á súa chegada ao recinto feiral Expourense para ser vacinados contra a Covid-19 / Rosa Veiga - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta