Fabiola García... pode ser a baza oculta de Feijóo na súa sucesión?

A conselleira di que elude postularse como sucesora. Comesaña, pola súa banda, insiste en que o presidente da Xunta "segue en forma e activo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2022 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social, Fabiola García, eludiu postularse como sucesora de Alberto Núñez Feijóo no caso de que o presidente da Xunta dea o salto a Madrid para dirixir o PP nacional, preguntada pola prensa sobre se se ve nas 'quinielas' ante a crise de goberno que se abriría en Galicia coa marcha do mandatario galego.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xunto á conselleira de Política Social, Fabiola García, nun acto na Cidade da Cultura. ANA VARELA/XUNTA / Europa Press
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xunto á conselleira de Política Social, Fabiola García, nun acto na Cidade da Cultura. ANA VARELA/XUNTA / Europa Press

Nos últimos días non foron poucos os que ven na conselleira unha alternativa para Feijóo se este decide deixar a Xunta. De feito, Fabiola García é do círculo estreito do presidente e conta co respaldo de parte do PP coruñés. "Estamos todos pendentes da Xunta Directiva (do PP) que se está celebrando", explicou García, así como de "ese congreso do 2 e 3 de abril", pero resalta que "é o propio presidente Feijóo ao que lle toca dar esas novidades se as hai".

"Soamente podo ver a Feijóo nestes momentos como presidente da Xunta e do PPdeG", limitouse a expresar sobre a situación do xefe de filas dos populares galegos. "Estou convencida que o presidente Feijóo, do mesmo xeito que leva demostrando estes 13 anos, é un gran político e un gran xestor", ao que destaca por "o seu compromiso e capacidade de traballo". "Continuará demostrando ese compromiso no lugar onde estea", asegura Fabiola García.

COMESAÑA

Pola súa banda, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, insistiu este martes que o presidente da Xunta "segue en forma e activo" e aclarou que a crise do PP "non afecta" á súa dedicación a Galicia. "O seguimento do presidente da Xunta foi e segue sendo completo", afirmou. Igualmente, expresou o seu desexo para que "esta situación que vive o PP termine o máis pronto posible".  Preguntado sobre se Feijóo está preparado para dar o salto a Madrid e poñerse á fronte do PP, indicou que "está preparado para seguir a sanidade galega como ata agora".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta