Ucraína: Galicia ofrece 430 camas para refuxiados

A xunta pide que se abra un mecanismo permanente de coordinación de envío de axuda humanitaria.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 01/03/2022 | Actualizada ás 20:19

Comparte esta noticia

Polo menos sete comunidades autónomas informaron da súa intención de habilitar prazas ou ampliar a súa oferta de acollida ante a posible chegada a España de cidadáns ucraínos que fuxan do seu país tras a acción bélica de Rusia no devandito territorio, entre elas, Galicia.

Os conselleiros responsables desta materia reuníronse este martes de forma telemática co ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luís Escrivá, para tratar este tema.

Tras este encontro, Galicia indicou que terá dispoñibles 432 camas para acoller refuxiados de Ucraína con necesidades sanitarias, das 113 estarán destinadas a pacientes pediátricos, 15 para nenos con necesidade de tratamento oncolóxico e outras 15 para neonatos. Para adultos con necesidade de atención sanitaria, a Xunta porá á súa disposición 319 camas e, delas, 25 serán para pacientes oncolóxicos en tratamento.

Ademais, a Administración galega propuxo que se abra un mecanismo permanente de coordinación de envío de axuda humanitaria e que se active o convenio entre a cooperación descentralizada e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, para a realizar unha "actuación conxunta e coordinada" en materia de acción humanitaria.

Refuxiados ucraínos da guerra de Ucraína
Refuxiados ucraínos da guerra de Ucraína | Fonte: EFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta