Compostela súmase a Vigo e a Coruña e di NON a Guerra

A concentración celebrarase na Praza do Toural ás 20 horas para reclamar o alto á invasión rusa de Ucraína, o cesamento do fogo e a retirada das tropas rusas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/03/2022 | Actualizada ás 12:45

Comparte esta noticia

Compostela maniféstase este xoves 3 de marzo contra a guerra en Ucraína, sumándose así as mobilizacións iniciadas en Vigo e na Coruña a finais da semana pasada. A concentración celebrarase na Praza do Toural ás 20 horas.

Non a guerra de Rusia en Ucraína
Non a guerra de Rusia en Ucraína

Nesta xeira de mobilizacións reclámase o alto á invasión rusa de Ucraína, o cesamento do fogo e a retirada das tropas rusas. Ademais rexeitaxe a escalada militarista que viola os acordos de non agresión, ao achegarse cada vez máis á fronteira rusa. "Esta pugna xeoestratéxica belicista suma maior tensión ás ameazas socioambientais que atravesa a humanidade", denuncia Ecoloxistas en Acción.

As organizacións convocantes denuncian tamén á responsabilidade da UE no conflito de Ucraína, pola súa política comercial que busca blindar o acceso das corporacións europeas aos recursos minerais, enerxéticos e agropecuarios deste país e polo seu seguidismo da política belicista de EEUU.

Esixen o cesamento de calquera implicación militar do Estado español, en axuda directa ou indirecta a Ucraína. Tamén demandan ao goberno español a retirada das forzas armadas desprazadas á zona e a renuncia a participar nunha escalada militar.

Pola contra, solicitan que o Estado español contribúa aos esforzos diplomáticos en favor dunha solución negociada, baseada na liberdade e o dereito a decidir dos pobos, o pacifismo activo como guía da política exterior, a desescalada e o desarmamento global.

Esta organización avoga por unha inmediata acción diplomática para o cesamento do fogo entre as partes e o reinicio das conversas diplomáticas. Ademais reclaman ao Goberno do Estado español unha política humanitaria de paz, contraria á política militarista da ministra de Defensa que involucrou ao noso país neste conflito.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta