O 112-Galicia atendeu 7.142 incidencias por risco de inundación en cinco anos

Protección Civil e Grupos de Emerxencias Supramunicipais contan con máis de 200 vehículos todoterreo, 179 remolques de emerxencias e con 57 embarcacións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2022 | Actualizada ás 16:37

Comparte esta noticia

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, informou este mércores no Parlamento de Galicia que, no últimos cinco anos, a Central de Atención ás Emerxencias-112 atendeu un total de 7.142 incidencias por risco de inundación. Concretamente, e en resposta a unha pregunta formulada por Felisa Rodríguez Carreira (PPdeG), indicou que as incidencias van desde as 945 incidencias do ano 2017 ás 1.775 de 2019.

En canto ás casuísticas, tal e como detallou, atópanse 2.830 por alagamentos nas rúas; 1.722 por inundacións na estrada; 1.376, en viiendas; e 503 en baixos comerciais e garaxes. Na súa intervención, Villanueva destacou a coordinación dos servizos de emerxencias para diminuír os riscos e reducir as consecuencias negativas das inundacións, que a Xunta apoia a través do Plan especial de Protección Civil ante o risco de inundacións en Galicia (Inungal), actualizado en decembro de 2020.

DOTACIÓNS

Durante a súa intervención, explicou que o Goberno galego dotou tanto de servizos de Protección Civil como aos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) para actuar ante inundacións con máis de 200 vehículos todoterreo, 179 remolques de emerxencias con material de sinalización e bombas de achique, xunto con 57 embarcacións, entre outros.

O investimento da Administración autonómica para reforzar o equipamento dos servizos de emerxencia para os seus labores de prevención e nas súas intervencións fronte aos distintos riscos ascende a case 20 millóns de euros. Pola súa banda, a Axencia Galega de Emerxencia (Axega) conta co Grupo de Intervención de Apoio Loxístico (GALI), que nos últimos anos interveu en 41 ocasións en apoio dos servizos dos concellos.

Zona termal da Chavasqueira alagada polo río Miño en Ourense, a 11 de febreiro de 2021. ROSA VEIGA - EUROPA PRESS
Zona termal da Chavasqueira alagada polo río Miño en Ourense, a 11 de febreiro de 2021. ROSA VEIGA - EUROPA PRESS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta