A Xunta únese á condena ao ataque de Rusia e apoia a petición de ingreso de Ucraína na UE

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, asina unha declaración conxunta que condena a "agresión militar non provocada e inxustificada perpetrada polo presidente ruso, Vladimir Putin".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/03/2022 | Actualizada ás 19:13

Comparte esta noticia

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, está a representar este xoves a Galicia no IX Cume Europeo de Rexións e Cidades, que celebra esta semana o Comité Europeo das Rexións na localidade francesa de Marsella, no contexto da Presidencia francesa do Consello da Unión Europea Na véspera do inicio deste cume, o órgano de goberno do Comité Europeo das Rexións acordou unha declaración conxunta na que condena a "agresión militar non provocada e inxustificada perpetrada polo presidente ruso, Vladimir Putin, contra o Estado independente de Ucraína" e solicita que se inicie o proceso para conceder a Ucraína o estatuto de país candidato a entrar na UE.

IX Cume Europeo de Rexións e Cidades
IX Cume Europeo de Rexións e Cidades | Fonte: Xunta de Galicia.

Destacando que "as cidades e rexións ucraínas son os nosos socios directos", o Comité Europeo das Rexións mostra a súa solidariedade co pobo ucraíno e pide que a UE active o seu mecanismo de protección civil para que se poida prestar asistencia inmediata á cidadanía ante o que consideran "unha violación do Dereito Internacional que pon en perigo a seguridade e estabilidade europeas".Así mesmo, pide o apoio da Unión ás rexións transfronteirizas con Ucraína co fin de axudar ás autoridades a acoller e axudar aos refuxiados.

A Xunta de Galicia mantén contacto co Goberno central para aticular e coordinar mecanismos de axuda a Ucraína no que se refire tanto ás posibles liñas de resposta ante a emerxencia humanitaria como á acollida de refuxiados. Nesta liña, a Xunta trasladará ao Goberno central "unha listaxe de recursos" dos que dispón para acoller refuxiados do conflito, ademais de habilitar ao redor de 500 camas no sete áreas sanitarias para responder as súas necesidades médicas.

FEIJÓO

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, proclamou o apoio do seu Executivo á "unidade de acción" fronte á guerra de Ucraína, que elevou ao "momento máis perigoso" que viviu Europa desde a Segunda Guerra Mundial. Iso si, incidiu na importancia de que Pedro Sánchez manteña "unido" o seu propio Goberno.

O Goberno galego aprobou este xoves na súa reunión semanal unha declaración institucional situándose sobre a guerra de Ucraína, na que Feijóo remarcou a "condena expresa" ao ataque ruso e reivindicou o apoio dos principios "da democracia, europeístas e atlantistas".

Pero posteriormente foi preguntado por medidas concretas, como o envío de material militar ofensivo para que o Exército e os cidadáns de Ucraína se defendan da invasión rusa, e na liña da posición que xa deixou a portavoz e coordinadora do PP no Congreso, Cuca Gamarra, na súa primeira intervención no Congreso en substitución de Pablo Casado, remarcou o apoio do PP.

"Hai claramente unha vontade de apoiar todas as medidas que se refiran a unha unidade da Unión Europea, á súa política exterior, de defensa e militar. Isto lamentablemente é unha guerra. Hai xente que está ser asasinada de forma masiva, xente que ten dereito a que a defendamos. Non podemos ser ambivalentes, nin equivocarnos de adversario", dixo.

Iso si, lanzou unha mensaxe a Sánchez sobre o seu propio Executivo. "É moi importante que Sánchez manteña unido o seu Goberno para buscar unidade no conxunto do arco parlamentario", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta