Baixan os contaxios de covid-19, pero aumenta a presión hospitalaria

As infeccións activas tamén descenden, así como a taxa de positividade.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 06/03/2022 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

As infeccións activas en Galicia descenden tras varios días de aumento, e quedan nas 17.023 (84 menos). Baixan tamén os novos contaxios, 1.637 casos novos nas últimas 24 horas (296 menos que a xornada anterior) e a taxa de positividade, no 15,31%. Por contra, a presión hospitalaria crece, con 426 hospitalizados (nove máis). Isto é o que se desprende dos datos actualizados polo Servizo Galego de Saúde este domingo, con rexistros de ata as 18,00 horas do sábado. Así, dos 426 ingresados, 395 permanecen hospitalizados en unidades convencionais (oito máis) e 31 en UCI (un máis).

UCI do Hospital Clínico de Santiago
UCI do Hospital Clínico de Santiago | Fonte: Ana Varela - Xunta.

No que respecta ás áreas sanitarias, a carga asistencial aumenta en tres, descende noutras tres e mantense sen cambios na de Ferrol, que continúa con 34 pacientes en planta e dous en UCI.

A de Ourense conta con 63 pacientes en planta (dous máis) e tres en coidados intensivos (sen cambios); a da Coruña, con 82 hospitalizados en unidades convencionais (seis menos) e sete en UCI (un máis); e de Santiago, con 68 pacientes en planta (un menos) e oito en críticos (sen cambios).

Doutra banda, a área de Pontevedra conta con 57 ingresados en unidades convencionais (dous máis) e catro en críticos (sen cambios); a de Lugo, con 42 ingresados en unidades convencionais (cinco máis) e tres en UCI (sen cambios); e o de Vigo, con 49 hospitalizados en planta (seis máis) e catro en unidades de coidados intensivos (sen cambios).

BAIXAN CONTAXIOS E INFECCIÓNS ACTIVAS

Doutra banda, os novos contaxios rexistran un descenso tras varias xornadas de incremento, con 1.637 casos máis nas últimas 24 horas --296 menos que a xornada anterior--.

Así, Galicia alcanza os 506.580 contaxiados desde que se iniciou a pandemia; unha relación que lidera a área sanitaria de Vigo, con 119.347 contaxiados (+262); seguida pola da Coruña, con 106.026 (+361); a de Santiago, con 79.763 (+263); a de Ourense, con 60.623 (+289); a de Pontevedra, con 58.581 (+164); a de Lugo, con 53.073 (+197); e que pecha Ferrol, con 28.529 contaxiados (+96).

Segundo os datos actualizados polo Ministerio de Sanidade este venres, a Incidencia Acumulada sitúase en Galicia nos 722,50 casos por cada 100.000 habitantes. A media estatal está nos 463,15.

As infeccións activas en Galicia tamén baixan este domingo ata as 17.023 (84 menos), ao rexistrarse máis altas (1.717) que contagios (1.637), e ao que se suman catro falecidos.

O descenso é xeneralizado, dado que os casos activos só aumentan nas áreas de Ourense, con 2.239 infeccións activas (50 máis); na da Coruña, con 3.350 (80 máis); e na de Ferrol (31 máis).

Por contra, os casos activos baixan nos distritos sanitarios de Pontevedra, con 2.090 infeccións (catro menos); en Santiago, con 3.017 (76 menos); en Lugo, con 2.107 (18 menos) e en Vigo, con 3.157 infeccións activas (144 menos).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta