A Policía investiga unha suposta agresión sexual tras atopar a unha moza semiincosciente en Ourense

A moza estaba, ademais, medio espida.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2022 | Actualizada ás 13:02

Comparte esta noticia

A Unidade de Atención á Familia e Muller (UFAM) da Policía Nacional de Ourense investiga unha suposta agresión sexual a unha moza este pasado domingo na capital ourensá.

Segundo informaron fontes consultadas por Europa Press, as pescudas abríronse este pasado domingo por feitos supostamente sucedidos no barrio ourensán do Couto, onde foi localizada a muller semiinconsciente e medio espida.

Tras iso, a UFAM, especializada na prevención e a investigación das infraccións penais sobre violencia de xénero, doméstica e sexual, investiga os feitos, que se atopan baixo segredo de sumario.

Campaña contra a agresión sexual ás mulleres
Campaña contra a agresión sexual ás mulleres | Fonte: primerahora.com

Esta investigación policial sobre unha suposta agresión sexual permanece baixo segredo de sumario do Xulgado de Instrución número 2 de Ourense, en funcións de garda, que, confirmaron fontes xudiciais, ata o momento non recibiu o atestado nin a denuncia da suposta vítima.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta