A campaña de Feijóo no PP: visitará as 17 autonomías sendo presidente da Xunta

O aspirante a liderar o PP entregará os avais este mércores e avanza un proxecto pensado en "ofrecer unha alternativa" a Sánchez. Murcia e Extremadura xa deron dun conta dun apoio "amplo" entre os seus militantes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2022 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e líder do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, formalizará este mércores a súa candidatura a presidir o PP antes de iniciar unha campaña interna que, como xa avanzara, terá parada nas 17 comunidades, e nas que exporá as liñas básicas dun proxecto político "pensado en ofrecer unha alternativa de goberno" a Pedro Sánchez. Unha campaña que compaxinará co seu cargo de presidente da Xunta.

Nun comunicado, o equipo de Feijóo ratifica que, conforme marcan os prazos estatutarios, Feijóo entregará os avais necesarios na sede nacional do PP este mércores ás 17,00 horas. Posteriormente, o candidato arrincará unha campaña electoral interna que terá parada nas 17 autonomías e que dará comezo este mesmo venres con actos na Comunidade Valencia e en Murcia. A axenda, que "respectará", sostén o equipo do aspirante a liderar o PP, as súas responsabilidades institucionais como presidente da Xunta, acabará cun acto que terá lugar en Estremadura.

Feijóo ten interese en dar a coñecer de primeira man aos afiliados o modelo de organización que defende, así como "as liñas básicas" dun proxecto político "pensado en ofrecer unha alternativa de goberno a Pedro Sánchez". Independentemente de que se presenten ou non máis candidaturas, o dirixente popular considera "unha mostra de respecto ás bases do PP" visitar todos os territorios que compoñen España".

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, responde os medios á súa chegada ante a Xunta directiva.. César Arxina - Europa Press
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, responde os medios á súa chegada ante a Xunta directiva.. César Arxina - Europa Press | Fonte: Europa Press

COLLEITA DE AVAIS

Na mesma mañá vanse sucendendo as novas dos avais para o congreso extraordinario do PP, que até o momento está dando ao mandataorio galego o agardado apoio. O Partido Popular da Rexión de Murcia recolleu 4.104 avais de apoio á candidatura do Alberto Núñez Feijóo á presidencia nacional deste partido, segundo informou o líder do PP murciano, Fernando López Miras, a través dunha mensaxe en redes sociais. Por outro lado, PP de Estremadura recolleu máis de 2.100 avais en apoio á candidatura de Feijóo. En ambos casos, os líderes populares destacaron a amplitude do apoio a Feijóo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Antón

Como se pode calificar a súa conduta? Xa estamos afeitos a súa praxe diaria, mais isto é un desprezo e ninguneo ao pobo galego como tal. Sempre foi evidente que é un "profesional" da política. Agora renuncia ao virreinato para opositar a valido na corte.