A orixe dun incendio forestal en Cenlle estivo nunha queima sen autorización

O incendio foi extinguido polos medios da Xunta de Galicia, actuando dous axentes forestais, tres brigadas e dúas motobombas.

Por E.P. | OURENSE | 08/03/2022 | Actualizada ás 17:24

Comparte esta noticia

Axentes do Grupo de Investigación da Unidade de Policía Autonómica de Ourense esclareceron un incendio forestal rexistrado o pasado día 25 de febreiro no concello ourensán de Cenlle.

En concreto, o lume tivo lugar na parroquia de Razamonde, no concello de Cenlle, e afectou a 0,30 hectáreas de superficie arboredo.

No transcurso das investigacións, tomouse declaración a un home, presunto autor do lume, quen se atopaba realizando unha queima de restos forestais para a que non tiña autorización e sen as debidas medidas de seguridade. Dada a pendente da parcela, o lume alcanzou as leiras lindeiras.

O incendio foi extinguido polos medios da Xunta de Galicia, actuando dous axentes forestais, tres brigadas e dúas motobombas. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Ribadavia. Nesta campaña antiincendios forestais do 2022, un total de 5 persoas foron detidas ou investigadas pola Policía autonómica, como presuntas autoras de incendios forestais.

Incendio en Cenlle (Ourense‏)
Incendio en Cenlle (Ourense‏) | Fonte: @UGTForestaisGZ.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta