GC Aberto

Xa o dicía Rambo

Por admin | GC ABERTO | 12/03/2022

Comparte esta noticia

Afirmaba un patrón na radio galega que “Noruega coa venda de salmón na UE, ingresaba

Unha rúa con sacos de area para conter os ataques rusos en Leópolis (Lviv), a 4 de marzo de 2022, en Lviv (Ucraína). Pau Venteo - Europa Press
Unha rúa con sacos de area para conter os ataques rusos en Leópolis (Lviv), a 4 de marzo de 2022, en Lviv (Ucraína). Pau Venteo - Europa Press

miles de millóns de € 1 . Que lle importa a esta xente gastar 20-30 millóns € para formar un

lobbi do salmón en Bruxelas e silenciar as críticas pola sobrepesca sobre a xarda do Atlántico

para facer fariña co que alimentalos salmóns? E engadía “Como imos competir nós contra iso,

aínda por riba cun goberno resgatado por Bruxelas?”.

Isto ben a conto do conflicto na Ucraína. Aínda é recente para dar cifras, mais non é de

estrañar as inmensas gañancias que obterán os monopolios que se beneficiarán co

desprazamento das exportacións do petróleo e do gas ruso; así como pola venda de

armamento. Ganancias que reportarán unha solvencia aos de sempre coas que impoñerán

novamente as súas normas a estados soberanos, especialmente naqueles altamente

dependentes da importación dos combustíbeis foseis.

De feito, recentemente a Comisaria de Enerxia da UE recoñecía que os prezos da enerxía

se debían á alza nos prezos do gas. Recoñecía ademáis que esta alza dos prezos suporían un lastre a curto prazo para o desenvolvemento económico na UE da pos-pandemia. Logo, por que se despreza o gas de Siberia cun prezo que rondaría os 2´8 €/m 3 , polo gas licuado dos EE.UU, que rondaría os 6´7 €/m 3 ?. Ú-lo libre mercado?

En segundo lugar, a UE asinou o Pacto Verde, o Acuerdo de París, o Protocolo de Montreal,… contra as emisións de CO2 e de metano á atmósfera. Emisións estas que obviamente irán en aumento da man dun maior tráfico marítimo e do gas esquisto provinte da práctica do fracking. En último lugar, supón un erro no xeo-político ao elevar a dependencia exterior a un só proveedor, enemistándose cun potencial socio como é Rusia, máxime cando este país ten a alternativa de colocar excedentes de gas e petróleo nos mercados asiáticos.

Mais a orde mundial veu definida após a II GM da man do Plan Marshall. A OTAN é un instrumento útil para os EEU.UU. e nunca desaparecerá. Trala comunista seguiulle a islamista- yihadista, e logo viu a amaeza chinesa. EE.UU. leva anos promovendo a rusofobia co gallo de manter a atmósfera do medo no mundo. As sancións polo incorporación de Crimea, o boicot á vacina Sputnik, os apoios mediáticos a Navali, as ampliacións da OTAN, … son máis que probas.

A parte dos beneficios económicos, para EE.UU. os conflictos bélicos permítenlle desviala atención das graves tensións internas. A cuestión racial, a calamitosa saída de Afganistán, a guerra civil que mantén cos republicanos, o despilfarro militar, o aumento do descontento social que virá coa alza nos prezos e o desemprego, pasan a un segundo plano ao prender a mensaxe nun chovonismo hipócrita.

Vénme á cabeza aquela reflexión do soldado John Rambo ao Coronel Truman, cando denunciaba que na guerra de Vietnam manexaba máquinas de guerra valoradas en millóns de $, mentras unha vez xa de volta no seu país, non conseguía atopar traballo nin delimpacoches. 2

1 ) EUMOFA´20. Comisión Europea.

2 ) “Acorralado” (Ted Kotcheff; 1982)

Xose Rios Cidrás; Poio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta