O prezo da vivenda sobe un 4,6% en 2021 en Galicia, case un punto máis que a media estatal

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 09/03/2022 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O prezo da vivenda libre subiu unha media do 4,6% en 2021 en Galicia, rexistrando así o seu sétimo repunte anual consecutivo e situándose case un punto por encima que a media estatal (+3,7%), segundo o índice de Prezos de Vivenda (IPV) do Instituto Nacional de Estatística (INE) publicado este mércores.

Desta maneira, o custo da vivenda na Comunidade incrementouse o ano pasado máis do dobre que en 2020, cando se iniciou a pandemia e a vivenda subiu un 2,2%. Hai que remontarse a 2014 para atopar datos negativos do prezo da vivenda, cando baixou un 1,4%.

En concreto, o prezo da vivenda nova subiu un 3,3% en Galicia o exercicio pasado, mentres que o custo da vivenda de segunda man subiu un 4,8%. Só no cuarto trimestre a vivenda subiu un 6,8% en Galicia, catro décimas máis que na media de toda España, que se incrementou un 6,4% entre outubro e decembro.

Promoción inmobiliaria de Fadesa
Promoción inmobiliaria de Fadesa | Fonte: diariovasco.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta