Josep Borrel pide deixar de usar gas nas casas para facer fronte á ofensiva rusa

O Alto Representante da UE para Política Exterior vén de recibir críticas polo alto nivel do seu soldo: máis de 300.000€ ao ano.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2022 | Actualizada ás 14:56

Comparte esta noticia

O conflito ruso-ucraíno segue adiante con consecuencias cada vez máis claras para a economía galega e do resto do Estado. Ante o incremento dos prezos da luz e os carburantes pola dependencia do gas e petróleo ruso, o Alto Representante da UE para Política Exterior, Josep Borrell (PSOE) vén de facer unha petición polémica á cidadanía: deixar de usar gas nas casas.

Josep Borell
Josep Borell

"Corten o gas nas súas casas, diminúan a dependencia de quen ataca Ucraína e comprometámonos máis nunha defensa colectiva". Unhas declaracións reminiscentes dos iogures caducados de Arias Cañete e que os ususarios de Twitter non tardaron en enlazar cun dato de relevancia: os máis de 300.000€ que cobra Borrell como representante da Unión Europea. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta