A contaminación dos xurros en Galicia: 20 millóns de toneladas ao ano

A Xunta confirma que é o que producen as máis de 33.000 explotacións agrícolas galegas de residuos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2022 | Actualizada ás 12:35

Comparte esta noticia

As 33.377 explotacións agrícolas galegas producen máis de 20 millóns de toneladas de xurros ao ano, segundo detallou este xoves o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros. Así o sinalou en resposta a unha pregunta formulada polo deputado do PSdeG Pablo Arangüena na Comisión de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos da Cámara galega.

Na súa intervención, detallou que, por tipoloxía, as 969 granxas do sector avícola producen un total de 484.307 toneladas ao ano; as 1.133 explotacións de porcino, uns 3,1 millóns de toneladas; e as 31.548 granxas de vacún, unhas 16,4 toneladas. Sobre estes xurros, precisou que, a maior parte son aplicados como fertilizantes. Ademais, sobre os que non poden ser destinados a este fin, detallou que, a través de xestores autorizados están a tratarse anualmente "algo máis de 322.000 toneladas".

A iso, conforme sinalou, súmanse outros procedementos, como os empregados por algunhas explotacións agrícolas que queiman estes residuos para convertelos en vapor para plantas. "Ademais, hai sete plantas autorizadas para compostaxe e cinco para obter fertilizantes".

Na súa intervención, ademais, defendeu o uso dos xurros para a fertilización dos campos polo "aforro económico" que supón para as explotacións, entre outras cuestións, como a menor contaminación que produtos químicos. Con todo, moitas organizacións ecoloxistas teñen criticado a alta contaminación que provocan estas substancias en casos de gandeiría estensiva, como é o caso da Limia. Pero, a pesar das denuncias, o responsable da Xunta dixo que nos últimos anos, de 697 controis en explotacións, só se detectou un incumprimento.

CRÍTICAS DO PSDEG

Na comisión, o deputado socialista Pablo Arangüena denunciou que "a maior parte dos xurros non tratados adecuadamente acaban contaminando zonas de consumo de auga" como o encoro das Cunchas na comarca de Xinzo de Limia.

Ante iso, cuestionou á Xunta sobre as medidas que levará a cabo para evitar que estes residuos se convertan nun problema ao medio ambiente. Ademais, tamén preguntou polos controis que se realizan nas granxas para evitar casos como o da granxa que derramou 200.000 litros de xurros ao río Tambre.

Vaca
Vaca | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta