Pilar de Lara e Estela San José, ameazadas e abandonadas

As dúas xuízas recibiron ameazas. Non se sinten respaldadas no seu traballo.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 26/05/2014 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

"Marioneta, a vinganza sérvese en prato frío, non te esquezas diso. Eu non me esquezo". Este é un das ameazas dirixidas á xuíza, publicado nun polémico foro de Internet que responde o nome do Faro Verde, no que escriben sobre todo axentes e que administra a Asociación Unificada de Gardas Civís.

No centro, As xuizas Estela San José e Pilar de Lara, responsábeis a primeira da Operación Campeón e a segunda das operacións Carioca e Pokemon
No centro, As xuizas Estela San José e Pilar de Lara, responsábeis a primeira da Operación Campeón e a segunda das operacións Carioca e Pokemon | Fonte: socialistasdenavia.blogspot

O autor da mensaxe era '60Folios', un alias desde o que recibe constantes insultos e tras o que, segundo denunciou o avogado de Pilar de Lara ao subdelegado do Goberno en Lugo, escóndese un axente coñecido na cidade, J. M. B., que está especializado en seguridade cidadá e explosivos.

Precisamente, estas ameazas fan que, desde hai meses Estela San José e Pilar de Lara levan escolta policial. Tras descubrir as conexións que existen entre policías, garda civís, proxenetas, estorsionadores e mesmo funcionarios da xustiza, as xuízas están no punto de mira.

Pilar de Lara comezou a ser desacreditada logo de invesigar, dentro da Operación Careoca, unha presunta rede mafiosa de proxenetismo e corrupción policial. De feito, por este operativo, está na cadea, o cabo da garda civil Armando Lorenzo Torre.

Crise nerviosa

Segundo fontes dos xulgados, citadas por El País, detectáronse "seguimentos mesmo desde vehículos oficiais" á xuíza Pilar de Lara e, tamén, a Estela San José, instrutora do caso da "trama das multas" ou a Operación Campeón. "As xuízas sufriron ameazas, vexacións, insultos, pintadas denigrantes e calumnias cuxo obxectivo era danar ou esnaquizar, como no caso de Estela San José as súas vidas privadas", indica.

Segundo Elplural.com, en 2013, o empresario Miguel García Xesto, imputado polo caso Pokemon foi detido por ameazar e insultar a de Lara nun lugar público. Tamén Estela San José sufriu acoso en Internet de J.M.B, en marzo de 2009. Este garda civil foi denunciado por San José e librouse do xuízo ao límite tras recoñecer os feitos. Está, novamente,  inxurias, ameazas e calumnias contra as dúas maxistradas. De feito, San José sufriu no seu despacho unha crise nerviosa e tivo que seguir tratamento psicolóxico e tomar medicación.

Segundo estes medios, fontes próximas ás maxistradas critican a "impunidade, a falta de apoio institucional e a pasividade" dos superiores no instituto armado ante as ameazas das que seguen sendo vítimas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Eu mesmo

O colmo é que un guardia civil sexa un dos acosadores e os seus mandos mirando para outro lado. Do PPSOE xa non fai falta dicir nada... Ah, que o director xeral é Cuco Fernández de Mesa, acabáramos!!!