Os institutos de Galicia súmanse á navegación "segura e responsable" na rede

Un total de 208 centros educativos galegos participarán no programa 'Navega con rumbo'.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2022 | Actualizada ás 14:52

Comparte esta noticia

Un total de 208 centros educativos galegos participarán ao longo deste curso no programa 'Navega con rumbo', unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, para "guiar aos mozos nunha navegación segura en Internet de maneira útil e responsable".

Segundo detallou a Consellería de Educación nun comunicado, con esta proposta búscase tamén "facilitar ferramentas aos docentes para o uso didáctico da Rede na aula". Por provincias, participan 74 centros coruñeses, 32 lucenses, 15 da provincia de Ourense e 87 da de Pontevedra. A relación de centros participantes pode consultarse no Portal Educativo.

Destacan ademais que a deste curso é a décima edición do programa, que leva vixente en Galicia desde o curso 2010-11, e que está incluído entre as accións da Estratexia de Educación Dixital2030. Así, especialistas do Colexio de Enxeñaría levarán a cabo xornadas divulgativas dunha hora de duración nos centros de ensino. Nestas xornadas abordaranse temas como as condutas de acoso e ciberacoso e outros riscos derivados do mal uso das redes sociais.

Aula pechada
Aula pechada | Fonte: Antonio Sempere - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta