O Concello de Santiago envía a Ucraína 15 toneladas de material doado polos veciños

Lembra que hai un correo eléctronico habilitado polo Goberno para os que queiran mostrar a súa disposición a acoller refuxiados.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 10/03/2022 | Actualizada ás 16:12

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago envía a Ucraína un total de 15 toneladas de material doado polos veciños de Compostela, unha vez clasificado e revisado por Protección Civil. Así, envíanse produtos como leite, potitos, cueiros, lanternas, pilas, sacos de durmir e alimentos (como conservas, pasta, arroz, auga e cafés).

Refuxiados no paso fronteirizo de Siret entre Ucraína e Romanía
Refuxiados no paso fronteirizo de Siret entre Ucraína e Romanía | Fonte: WORLD VISION.

O pasado venres, saíron seis palés con destino a Vilagarcía, onde foron recollidos pola empresa Rey Proceso de Fundición, que se encargará da súa distribución a través de redes loxísticas tras anos de estreitas relacións comerciais con empresarios ucraínos. Outros 16 palés foron enviados o pasado luns a través da empresa TXT, que traballa coa Embaixada de Ucraína, mentres outros 12 saen este xoves.

Por outra banda, o Concello de Santiago lembrou que o Goberno central habilitou un correo electrónico (apoyo.ucrania@inclusion.gob.es) para todas aquelas persoas que queiran manifestar formalmente a súa disposición a acoller ou a destinar recursos habitacionais para refuxiados.

O Ministerio de Inclusión, a través da Secretaría de Estado de Migracións, é o ente encargado da coordinación de axuda ante a invasión rusa que sofre Ucraína.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta