Denuncian a colocación de cravos antiaves na Catedral de San Martiño en Ourense

Ecoloxistas din que provocaron o falecemento de moitas aves, a maioría son especies protexidas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/03/2022 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Na catedral de San Martiño en Ourense pódese observar un entramado de cravos ou pinchos cubrindo prácticamente a totalidade das cornisas do edificio. Varios veciños da catedral alertaron a Ecoloxistas en Acción do falecemento de varios cirros ou anduriñas de cú branco atrapadas nestos cravos.

Imaxe dos cravos na catedral de San Martiño en Ourense
Imaxe dos cravos na catedral de San Martiño en Ourense | Fonte: Ecoloxistas en Acción

Na catedral sóen aniñar cirios e anduriñas, pero tamén se pousan nestas cornisas parellas de gralla cerexeira ou especies como a lavandeira branca ou a cegoña branca. Sinalan que moitas destas aves son especies protexidas.

Ante esta situacion, o grupo ourensá de Ecoloxistas en Acción instou á conselleira a que ordenen a retirada dos cravos e pinchos antiaves. Ademais ven necesaria a paralización da actividade perturbadora do aniñamento dos cirrios, xa que durante os meses de abril e maio teñen lugar a construción dos niños, as postas e a incubación dos pitiños.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta