A Deputación de Pontevedra pide que acabe o "caciqueo" agora "que marcha Feijóo"

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, sinala que "queremos denunciar a forma de actuar da Xunta porque é intolerable", recrimina.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2022 | Actualizada ás 17:14

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o vicepresidente, César Mosquera, criticaron a "intolerable" discrecionalidade da Xunta para beneficiar de maneira "partidista" aos municipios gobernados polo Partido Popular.

En rolda de prensa este venres, Carmela Silva e César Mosquera sinalaron que a Deputación de Pontevedra "reparte fondos xustos con criterios obxectivos", unha forma de gobernar que: "Tivemos clara desde hai sete anos e imos continuar". "Queremos denunciar a forma de actuar da Xunta porque é intolerable", recrimina.

Así, puxeron como exemplo o Plan ReacPon da Deputación, "un plan extraordinario para que os concellos puidesen realizar os seus soños", co que se asinaron 47 convenios "con todos os municipios que cumprían coas bases" para executar proxectos maduros que levar a cabo de maneira inmediata. "Este procedemento contrasta co da Xunta", indicou Carmela Silva, "que está a asinar convenios a dedo e atendendo á cor política".

Segundo expuxo, os datos obtidos na páxina de Transparencia da Xunta reflicten que o Goberno galego asinou 98 convenios en 2021, dos que 77 foron con concellos do PP, 15 do PSdeG, 4 do BNG e 2 independentes. O total destes convenios ascende a 29 millóns de euros, "dos cales o 72% dos recursos foi a parar a municipios do PP".

GASTO POR HABITANTE

Segundo informou Carmela Silva, o gasto por habitante realizado pola Deputación de Pontevedra na provincia foi de 56,7 euros naqueles municipios gobernados polo PSdeG; 67,6 euros nos do PP; 54,4 euros nos do BNG e 98,8 euros nos que teñen gobernos independentes.

Fronte a isto, o gasto por habitante dos convenios asinados pola Xunta "é un escándalo", sinalou Carmela Silva, con 110 euros nos do PP; 14 euros nos do PSdeG e menos de 2 euros nos do BNG e independentes.

Ademais, nesta provincia "hai 22 municipios cos que a Xunta non asinou nin un só convenio en todo o ano" e que están gobernados por partidos que non son o PP, denunciou. Segundo enumerou Carmela Silva facéndose eco dos datos da Xunta, por consellerías: a de Presidencia ten 13 municipios en vigor, "todos do Partido Popular"; a Vicepresidencia Primeira, a través de "a Axencia Galega de Turismo repartiu 11 convenios en municipio do PP"; Vicepresidencia Segunda "só teñen un convenio, con Valga, do PP"; no medio Ambiente "o seu convenio estrela é a construción dun auditorio en Marín (PP)" e na última convocatoria de "convenios de medianoite" adxudicaron axudas a 6 concello do PP e un do PSdeG.

Infraestruturas ten tres convenios publicados na páxina de Transparencia, "e o tres son do PP", e Augas de Galicia ten seis convenios con outros tantos municipios do PP. A Consellería de Cultura ten oito convenios en vigor, dos que 6 son con concellos gobernados polo PP. Sanidade dous convenios, os dous do PP, igual que sucede con Política Social e a Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia.

Medio Rural, 12 convenios dun total de 15 son para municipios do PP. Na Consellería de Educación, o último colexio construído foi en Sanxenxo (PP) e o último instituto en Soutomaior (PP). A exposición de datos foi máis extensa ata concluír co investimento regulado dos orzamentos da Xunta que "leva sen tocarse desde 2009", con todo, destacou Carmela Silva, que a cantidade destinada aos convenios "crece cada ano".

"Prefíreno porque é a fórmula para financiar aos municipois do PP", alerta, mentres que ás alcaldías "doutras cores" pídenlles financiamento "e esíxenlles que a Deputación de Pontevedra poña o 50%". Á luz destes datos, César Mosquera sentenciou que este "uso absolutamente partidista e arbitrario" do diñeiro público por parte da Xunta "parece un castigo se non votas ao PP".

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra considera que "a Xunta vai radicalmente a peor" con "estas prácticas denigrantes para .a democracia" e que describe como "caciqueo", polo que pediu que, "agora que marcha Feijóo, oxalá a administración cambie a súa forma de actuar".

A presidenta da Deputación de Pontevedra e o vicepresidente, Carmela Silva e César Mosquera, respectivamente, en rolda de prensa. RAFA ESTEVEZ/DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA / Europa Press
A presidenta da Deputación de Pontevedra e o vicepresidente, Carmela Silva e César Mosquera, respectivamente, en rolda de prensa. RAFA ESTEVEZ/DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Se alguén quere buscar arredor de febreiro-marzo 2021 unha convocatoria moi interesante da Deputación de Carmela Silva // Creando unha Administración Paralela con cursos específicos para "funcionarios" cobrándolles 400 € só para colexiados en Arquitectura ou Enxeñerías (?) Todo moi ben publicitado pero ocultando deliberadamente aos "encargados" de impartir os cursos que nin siquiera están capacitados para emitir certificacións oficiais (curioso sistema de capacitación de "funcionarios") O nunca visto !

1 Gamela

mira rí quen vai falar de caciqueo... ata a semán pasada ninguén argardaba ver 40 Asociacións subvencionadas polo Concello e a Deputación asinar a petición de indulto ao funcionario corrupto que limpou 108.000 € para darllos á súa cuñada ! Se non asinas o indulto non cobras máis ! A Marquesa de Toralla ataca de novo buscando a Presidencia da Xunta !