Desarticulado un grupo criminal por ciberestafas en Cee, Pontevedra e Sevilla

Este operativo do equipo da Coruña da Garda Civil de prevención de ciberdelincunecia iniciouse a raíz a denuncia interposta por unha das vítimas no cuartel de Corcubión, no mes de novembro de 2020, xa que lle realizaron dúas transferencias non autorizadas desde a súa conta bancaria por un importe total de 12.000 euros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/03/2022 | Actualizada ás 11:59

Comparte esta noticia

A Comandancia da Garda Civil da Coruña desarticulou un grupo criminal especializado en ciberestafas polo método de 'SIM swapping', que levou a cabo tres estafas nos municipios de Cee, Pontevedra e Sevilla, por un importe total de 15.000 euros. A operación sáldase con cinco detidos.

Este operativo do equipo da Coruña da Garda Civil de prevención de ciberdelincunecia iniciouse a raíz a denuncia interposta por unha das vítimas no cuartel de Corcubión, no mes de novembro de 2020, xa que lle realizaron dúas transferencias non autorizadas desde a súa conta bancaria por un importe total de 12.000 euros.

Para iso, empregouse o método de 'SIM swapping', que consiste en obter as claves de acceso á banca electrónica da vítima a través de diversas técnicas como o 'phishing', 'malware" ou 'pharming', tras o cal duplican o cartón telefónico do prexudicado para recibir os códigos de verificación das transferencias a realizar, de maneira que logran o control das súas contas bancarias e da súa liña telefónica.

GRUPO ASENTADO EN TOLEDO

Así, os axentes lograron a identificación dun dos integrantes do grupo, veciño da localidade de Borox (Toledo), quen realizaba a función de mula do diñeiro para a organización.

Tras iso, localizou a outro tres compoñentes do mencionado grupo residentes nas localidades de Fuenlabrada (Madrid), Borox (Toledo) e Canovelles (Barcelona), os cales utilizaban os datos bancarios da 'mula' para vinculalos cos seus dispositivos de telefonía móbil e mediante tecnoloxía NFC extraer o diñeiro obtido en caixeiros automáticos de diversas localidades.

O quinto compoñente do grupo é unha veciña de Ocaña (Toledo), cuxa misión era a captación de novas 'mulas'. Unha vez obtidas as identidades dos supostos compoñentes deste grupo criminal, os efectivos do equipo da Garda Civil solicitaron a colaboración dos seus compañeiros de Ocaña (Toledo) e Illescas (Toledo) para a súa detención.

A Garda Civil procedeu á detención deste cinco persoas, varias das cales eran coñecidos das forzas de seguridade por ilícitos da mesma índole, como presuntos autores dos delitos de estafa e pertenza a grupo criminal.

A Garda Civil investiga a unha persoa por presunto delito de estafa tras unha denuncia na Coruña.. GARDA CIVIL
A Garda Civil investiga a unha persoa por presunto delito de estafa tras unha denuncia na Coruña.. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta