Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/03/2022 | Actualizada ás 15:43
A Deputación de Pontevedra aprobou axudas por valor de 108.000 euros para asociacións e entidades sociais sen ánimo de lucro que promovan iniciativas a favor da igualdade e contra a violencia de xénero.
Con esta liña de axudas, as entidades sociais poderán presentar proxectos de sensibilización, formación e prevención da violencia de xénero; atención integral a vítimas da violencia machista, fillos e persoas dependentes ao seu cargo; ou actuacións destinadas a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e con singulares dificultades;
Tamén poderán desenvolver actividades para favorecer e fomentar a igualdade entre mulleres e homes; proxectos encamiñados a mellorar a formación e a orientación para o emprendimiento e a inserción laboral das mulleres; accións dirixidas a crear redes e servizos de apoio que favorezan a conciliación; e a promoción de campañas de difusión e sensibilización da cidadanía en materia de igualdade.
As entidades e asociacións sociais sen ánimo de lucro poderán presentar as súas solicitudes desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria das bases no Boletín Oficial da Provincia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.