O número de contaxiados diario baixa á metade tras o novo sistema da Xunta de non informar as fins de semana

Os falecidos pola pandemia ascenden a 3.153 tras ser notificadas dúas novas vítimas e a taxa de positividade cae a un 8%

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2022 | Actualizada ás 11:31

Comparte esta noticia

Os pacientes hospitalizados pola Covid-19 en Galicia aumentan a 381 no conxunto de Galicia, que supoñen 39 máis nas últimas 48 horas --a Xunta xa non actualiza os datos os domingos e festivos--, mentres que os casos activos descenden a 19.462 --implican 453 menos que o sábado--, tras haber outro milleiro de novos contaxios. Pola súa banda, a taxa de positividade redúcese a un oito por cento.

UCI do Hospital Clínico de Santiago / ANA VARELA - SERGAS.  / Europa Press
UCI do Hospital Clínico de Santiago / ANA VARELA - SERGAS. / Europa Press

Segundo os datos actualizados este luns pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do domingo, recollidos por Europa Press, aumentan a 27 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia --unha máis que o sábado-- e a 354 as hospitalizadas en unidades convencionais --38 máis que hai 48 horas--, mentres que 19.081 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana --o luns 7 de marzo-- había 431 ingresados en Galicia --34 deles en UCI--.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta en todas salvo na da Coruña e Cee, na que aínda que soben a oito os pacientes Covid en UCI --un máis--, baixan a 72 os ingresados noutras unidades --tres menos que o sábado--.

Polo seu lado, a de Lugo segue sen pacientes Covid en UCI, pero rexistra 38 en tras unidades --12 máis que o sábado--, mentres que a de Santiago e Barbanza mantense con sete en críticos e concentra 60 noutras unidades --dez máis--.

No caso da de Ourense, continúan seis persoas ingresadas pola Covid-19 en UCI, pero aumentan a 64 as doutras unidades --nove máis--; mentres que na de Vigo segue un paciente en críticos e soben a 41 os doutras unidades --cinco máis--.

Na área de Ferrol descenden a dous os pacientes Covid en UCI --un menos-- e aumentan a 35 os doutras unidades --tres máis--, mentres que na de Pontevedra e O Salnés soben a tres o críticos --un máis-- e a 44 os hospitalizados noutras unidades --dous máis--.

BAIXAN OS CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos, fréase a tendencia ascendente dos cinco días anteriores --ata o sábado--, ao baixar a 19.462, que constitúen 453 menos que os rexistrados hai 48 horas, ao haber máis altas (2.920) que contaxios (2.469), ao que se engaden dous falecementos. Hai unha semana --o luns 7 de marzo-- rexistráronse 16.725 infeccións activas.

As infeccións activas ascenden en dúas das sete áreas sanitarias desde o sábado: Ferrol (+110) e A Coruña-Cee (+24); mentres que descenden nas outras cinco, coa de Vigo á cabeza (-221), Santiago-Barbanza (-122), Pontevedra-O Salnés (-119), Ourense (-63) e Lugo (-59). Así, con máis infeccións activas mantense a área da Coruña e Cee, con 4.097; seguida da de Vigo, con 3.366; Santiago e Barbanza, con 3.147; Ourense, con 2.835; Lugo, con 2.347, Pontevedra e O Salnés, con 2.207; e á cola continúa a de Ferrol, con 1.379.

MILLEIRO DE CONTAXIOS

Nas dúas últimas xornadas rexistráronse en Galicia 2.469 novos contaxios, dos cales pouco máis dun milleiro corresponden aos novos casos abertos en 24 horas (1.037) no conxunto de Galicia. O pasado luns 7 de marzo detectáronse 1.371 e no que vai de ano a cifra máis baixa foi de 830 --a finais de febreiro--.

En canto á taxa de positividade --número de PCR positivas por cada 100 realizadas-- descendeu no inicio desta semana ata o 8,33%. Deste xeito, segue por encima do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia.

FALECIDOS E CURADOS

Pola súa banda, as persoas falecidas pola Covid-19 desde o inicio desta pandemia ascenden a 3.153 despois de notificar este luns a Consellería de Sanidade outros dous óbitos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta