A Xunta traballa con entidades pola infancia para garantir a protección de menores refuxiados

A día de hoxe, on ten constancia de ningún caso de menores procedentes de Ucraína que se atopen en situación de desamparo en Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2022 | Actualizada ás 17:34

Comparte esta noticia

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, mantivo un encontro este luns con entidades dedicadas ao ámbito da infancia para coordinar como garantir a "identificación e protección" de menores que chegan de Ucraína.

Segundo trasladou a Consellería de Política Social nunha nota de prensa, a administración autonómica e as diferentes organizacións coincidiron en que a prioridade é que os menores "permanezan sempre no seu núcleo familiar" e non separalos das súas familias, na liña do que recomendan "todos os organismos internacionais".

En todo caso, o director xeral asegurou que, a día de hoxe, a Xunta non ten constancia de ningún caso de menores procedentes de Ucraína que se atopen en situación de desamparo en Galicia. Ademais, a Xunta volveu a insistir na importancia de que todas as accións individuais destinadas a ofrecer axuda a crianzas e adolescentes ucraínos se faga dunha maneira "coordinada e planificada".

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rei, se reune con entidades que traballan no ámbito da infancia. XUNTA-XOÁN CRESPO
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rei, se reune con entidades que traballan no ámbito da infancia. XUNTA-XOÁN CRESPO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta