Críticas á Radio Galega por dar espazo a un comentarista de ultradereita nos seus faladoiros

Trátase dun dos colaboradores de Javier Negre en 'Estado de Alarma', Hugo Pereira.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2022 | Actualizada ás 11:31

Comparte esta noticia

O programa Galicia por Diante, da Radio Galega, contou este luns, 14 de marzo, para un dos seus faladoiros sobre actualidade política e económica coa colaboración do politólogo e colaborador de televisión e radio Hugo Pereira Chamorro.

Hugo Pereira Chamorro anuncia en Twitter a súa colaboración na Radio Galega
Hugo Pereira Chamorro anuncia en Twitter a súa colaboración na Radio Galega | Fonte: Twitter

O anuncio, feito por el mesmo a través das redes sociais, desatou as críticas de moitas persoas oíntes da Radio Galega, posto que se trata dun dos colaboradores do programa de extrema dereira emitido en YouTube e creado por Javier Negre, 'Estado de Alarma', e é redactor e adxunto ao director do xornal, tamén de ultradereita, Periodista Digital, dirixido por Alfonso Rojo.

Hugo Pereira tamén ten deixado declaracións machistas e xenófobas a través de Twitter, onde fala de "chiringuitos feministas" para referirse ao Ministerio de Igualdade ou onde cualifica Rusia como "ditadura comunista". 

No día de onte, dende o colectivo Defende a Galega lembraron, baixo o cancelo #NonAosDiscursosdeOdio, que a Lei de Medios recolle que a actividade da CRTVG se inspirará na defenda dos dereitos e liberdades que se garanten na Constitución e no Estatuto, no respecto á dignidade humana e na integración da perspectiva de xénero. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Xoanj

Unha vergoña ..por exemplo o faladoiro......Unha *m*..no medio dun aparcadoiro...e como iso todo..de pandereta...

2 Riuriu

Claro, en la Radio Galega sólo pueden hablar los progres y los que tienen carné del sindicato naZonal.

1 Graña

A Radio Galega é toda ela de extrema dereita. Non sie de qué vois extrañades.