A masacre de Ucraína

O mesmo Paul Valéry, dixo: "A guerra é unha masacre entre xentes que non se coñecen, para proveito de xentes que si se coñecen pero que non se masacran".

Por Fermín Paz | Ferrol | 15/03/2022

Comparte esta noticia
Afirmo eu,  logo  da masacre virá a negociación entre xentes que se coñecen, e así rematará a pelexa entre Ucraína e Rusia. 
 
Na primeira fase xa houbo negociación entre a representación das partes. Enriba da mesa, hoxe comprendemos, que as partes  só puxeron as cuestións tácticas para ben xustificar ou defenderse dás ameazas  de guerra. 
 
Na segunda fase, a que está acontecendo, calqueira  persoa  que vaia a darlle unha volta aos feitos, podería descifrar a estratexia e  a maior parte dos obxectivos de Rusia e  consecuentemente da negación de Ucraína, a non aceptar tal imposición  e chantaxe. 
 
A guerra ademais dunha matanza entre descoñecidos é unha necesidade dos invasores e dos que se defenden para ter a mellor posición diante da nova fase, que con seguridade mais cedo que tarde chegará, a da nova negociación e o remate da confrontación.
 
Si, a terceira fase, será a da mesa negociadora para o acordo na que ademais das representacións de Ucraína e Rusia haberá outros convidados con interese no conflito e que fai ben tempo que son vellos coñecidos. 
 
En fin, no texto final, a diplomacia será quen de facer unha  boa escrita para a signatura, na que ámbalas dúas partes terán que sacrificar as posición máximas, en beneficio dos demais convidados que farán presión , en segredo, para poñer remate  a guerra. 
 
E antes do "colorin colorado" , toda unha serie de anuncios de retirada ou suspensión de normas e decretos pola banda das economías dos países afectados e que foron tomando posición ben por uns ou outros, iremos achegando a unha nova normalidade, poño este cualificativo, porque será diferente. 
 
O fodido das guerras e que independentemente da reconstrución, o regreso da xente a súa patria, e dos que quedan polo camiño,  a xente do común en todo o mundo, perderemos para sempre.
 
***********
 
Non temos amaño
 
A guerra cando a síntes preto de ti, 
en xente cun modelo de vida
con semellantes cousas e vivires, 
a esperanza fuxe dos nosos corazóns 
e a poesía tanto é unha corrente de auga que  amansa no cano dun muíño sen moenda coma fuxe cara  abaixo, empurrada pola forza dos desequilibrios, ainda qué, de cando en vez aparezan os medos e a confusion nos xiros en espiral dos remuíños nunha pequena parte da totalidade.
 
Gosto de escribilo sen a gravidade 
da crueldade e da tolemia causada  ao non comprender os asubíos dos paxaros que agora falan en ucraíno e antes o fixeron noutros idiomas nesa partitura caseque infinita
das músicas  universais. 
 
A rareza desta guerra  non é 
a invasión  e a imposición dunha das partes porqué isto é case sempre  repetitivo. A  prioridade no poema, deberamos  atopala, na  necesidade que ten a humanidade dá tranquilidade e dunha vida digna  para que sempre precisaremos de sentimentos  con  roupas tecidas en algodón e seda, bordadas con fío de terras soberanas e liberdades  individualizadas. Xa abonda de subterfuxios. 
 
As guerras, todas elas, teñen moita mixtura pois conviven nelas a competición por matar  co relato da maldade do contrario, tan lonxe do racional coma da verdade. A pouco que miremos no espello  da razón e interroguemos ás estrelas do azul  celeste  chegaremos   a conclusion  que, os gañadores seran os de sempre. 
 
A  traxedia que está vivindo o pobo ucraniano é unha demostración de que
o clímax bélico non é mais que unha coartada para tratar de xustificar a perda de vidas, a destrucción e a confirmación da irracionalidade do ser human. Un clásico na dramática moderna   na que por moito que o queiramos negar, non temos amaño. 

Soldados na guerra que Rusia lanzou contra Ucraína
Soldados na guerra que Rusia lanzou contra Ucraína | Fonte: Cope-EFE.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Fermín Paz A miña actividade política e social ven do ano 1970. Militei e tiven responsabilidades en organizacións do nacionalismo galego a nivel local, comarcal e nacional. A nivel Internacional, Secretario Xeral da Unión Internacional de Sindicatos da Enerxía-Química e Petróleo e da Comisión Executiva dos Sindicatos da Enerxía- Química e do Petróleo da rexión Europea-Paises árabes. Secretario Xeral da Asociación Internacional Droit á l´énergie-Sos Futur con sede en Paris e representante da Ong no Consello Económico e Social da ONU. Na actualidade estou xubilado e fago colaboracións en revistas, publicacións e Foros Internacionais de análises política ou sindical.