Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 15/03/2022 | Actualizada ás 20:45
A Real Federación Galega de Fútbol anunciou o pasado luns 14 de marzo que presentou formalmente a súa candidatura para albergar a fase de ascenso desta tempada á Liga Smartbank.
Tres equipos galegos, Deportivo, Racing de Ferrol e Celta B, ocupan nestes momentos praza de promoción de ascenso, algo que motivou esta candidatura galega para ser a sede da fase final da Primeira RFEF, segundo indicou o ente autonómico.
Aínda que as sedes que presentou a RFGF para a celebración deste playoff coñeceranse de forma oficial nos próximos días, todo parece indicar que os estadios que albergarán a fase de ascenso son Abanca-Riazor, A Malata, Pasarón e o Vero Boquete
O playoff disputarano oito equipos, os clasificados entre o posto segundo e quinto de cada un dos dous grupos que compón a Primeira RFEF ao final da fase regular. Será un enfrontamento a partido único e ascenderán dous equipos despois da disputa das eliminatorias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.