GC Aberto

Medidas reais e xustas contra as crises que os enriquecen a eles e nos empobrecen a nós

Por admin | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2022

Comparte esta noticia

Medidas reais e xustas contra as súas crises, as crises dos oligarcas, as crises que os enriquecen a eles e nos empobrecen a nós. 

Persoas refuxiadas no paso fronteirizo de Siret entre Ucraína e Romanía
Persoas refuxiadas no paso fronteirizo de Siret entre Ucraína e Romanía | Fonte: WORLD VISION.

Se estamos en guerra, se as medidas económicas que teñen tomado contra Rusia nos van  afundir nunha crise sen precedentes, tomen medidas especiales, para protexer aos máis vulnerables. 

Control de prezos de combustibles, enerxía, alimentación, medicamentos, e todo o esencial por parte do Estado. 

Devolución do prestamo de 68.000.000.000 de euros prestados aos bancos, nacionalización das compañías eléctricas para terminar cos abusos, control de prezos das compañías telefónicas e Internet, medidas reais para defender os intereses da clase traballadora e dos vulnerables. 

Ana Botín di que temos que poñer a calefacción a 17°, iso se seguimos pagando a electricidade a prezo da enerxía máis cara, o gas, cando a maioría proveñen doutras fontes. Para Ana Botín o non querer vivir conxelado está moi mal, pero a usura está ben claro.

A UE o gas vaillo vender EEUU moito máis caro, tamén o trigo e os cereais os venderán a prezo de ouro, o petróleo seguirá subindo, e os combustibles, e o transporte de mercadorías que encarecerá á súa vez a cesta da compra. Perdemos os de sempre e gañan eles.

Ao renunciar á soberanía alimentaria, e decidir adicar os montes e os campos a plantar eucaliptos, estabamos sementando o que recollemos, faltan pensos e fertilizantes para a nosa gandería e a nosa agricultura, falta millo, trigo, cebada. Por politicuchos sen patriotismo e visión de futuro renunciamos no seu momento a ter un sector primario con capacidade para abastecer o mercado interno.

Afogar economicamente Rusia, levar Rusia a unha rúa sen saída, levanos inexorablemente a un conflicto global e seguramente atómico. Estamos dirixidos por tolos, por irresponsabes, por psicopatas?, parece que non ten ninguén ao volante en ningunha parte. 

En resumo, esta é unha crise provocada polas medidas dos nosos dirixentes para bloquear economicamente a Rusia, unha vez máis somos os cidadáns os que según os nosos dirixentes debemos apretarnos o cinto e sufrir as consecuencias, como se ese fose o único camiño, e non é verdade, existen outros camiños, que os que rouban ao pobo deixen de facelo.

Cando escoito aos nosos dirixentes, tanto no Estado español, como na UE, falar sobre o conflicto na Ucraína, doume conta do drama que estamos a vivir, estamos en mans de ineptos, estúpidos, charlatans e bocachanclas, nun momento no que precisamos estadistas.

«Que época tan terrible wsta en que uns idiotas gobernan a uns cegos». )William Shakespeare).

Se hai escasez de alimentos, se chegamos a pasar fame, se aumenta a pobreza e as desigualdades, a culpa non será de Rusia, nin da guerra na Ucraína. A culpa será dun sistema donde as crises as pagamos sempre os mesmos, e duns dirixentes inútiles e irresponsables.

André Abeledo Fernández

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Suscribo 100% . O malo é que ninguén escoita e a ninguén parece interesar esta reflexión !

1 9Nxz

Certo.