Entra en servizo unha rede de 28 fontes públicas de auga potable nos 18 concellos do Camiño Inglés

Están ubicadas en Santiago, Ordes, Carral, Mesía, Oroso, Betanzos, Abegondo, Miño, Paderne, Cambre, A Coruña, Ferrol, Narón, Cabanas, Culleredo, Pontedeume e Fene e Neda.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 15/03/2022 | Actualizada ás 15:36

Comparte esta noticia

Os 18 concellos galegos polos que pasa o Camiño Inglés a Santiago contan desde este martes cunha rede de 28 fontes públicas de auga potable para o uso dos camiñantes e dos veciños As autoridades responsables do proxecto participaron este martes na inauguración dunha destas fontes, a que marca o final do Camiño, situada na zona de San Caetano, en Santiago de Compostela.

Fonte inaugurada en Santiago de Compostela, no Camiño Inglés, dentro do proxecto Life Water Way
Fonte inaugurada en Santiago de Compostela, no Camiño Inglés, dentro do proxecto Life Water Way | Fonte: C0nchi Paz - Xunta de Galicia.

Ao mesmo tempo que en Santiago, cada concello participante no proxecto tamén procedeu a inaugurar a súa respectiva fonte de auga. En concreto, están situadas, ademais de en Santiago, en Ordes, Carral, Mesía, Oroso, Betanzos, Abegondo, Miño, Paderne, Cambre, A Coruña, Ferrol, Narón, Cabanas, Culleredo, Pontedeume e Fene e Neda.

Para levar a cabo esta iniciativa foi necesaria a colaboración de distintas administracións, entre elas as consellerías de Infraestruturas e Mobilidade e de Sanidade, a Deputación Provincial da Coruña, o Concello de Abegondo, a ADR Mariñas-Betanzos ou a Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia.

O orzamento global da intervención ascende a máis de 973.000 euros, dos que os socios citados achegan case 604.000 euros e o importe restante, é dicir, uns 370.000 euros, son proporcionados a través de fondos europeos.

O obxectivo é conformar unha rede piloto formada por 28 fontes de auga para o consumo humano, cubrindo as necesidades dos usuarios do Camiño de Santiago Inglés, aínda que tamén é accesible para a poboación local.

O deseño de todas as instalacións é uniforme, seguindo o prototipo para fontes naturais, deseñado especificamente polo Instituto Tecnolóxico de Galicia no marco desta acción. As fontes dispoñen de billas con protector en aceiro inoxidable satinado e pulsador temporizado, cubertas de granito e laterais de piñeiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta