Temas: FRASEOLOXíA

“Andar con algo ou alguén coma cos ovos”, equivalente ao castelán “andar con algo o alguien con (todo el # mucho # sumo) cuidado”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 20/03/2022 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Transitando pola ruta que principiamos na anterior entrega, imos ver desta feita secuencias expresivas que dan a entender que se trata a alguén con moito tento e tino para non o magoar nin o ferir na súa sensibilidade, e que mesmo tamén se empregan para manifestar que se manexa algo con moito tento e tino para non lle provocar ningún dano ou para non o derramar nin estragar.

Galiñas no  rural.. EUROPA PRESS - Arquivo
Galiñas no rural.. EUROPA PRESS - Arquivo

Tratar algo o a alguien con (todo el # mucho # sumo cuidado)

{= 1. Tratar a alguén con moito tento e tino para non o magoar ou para non o ferir na súa sensibilidade. 2. Manexar algo, ou andar con algo, con moito tento e tino para non lle provocar ningún dano ou para non o derramar nin estragar.}

Andar con algo ou con alguén coma cos ovos # coma con ovos

[E TAMÉN]:

Andar con algo ou con alguén coma cos ovos na peneira

Levar # Traer algo ou a alguén coma os ovos na peneira

Andar con algo ou con alguén coma a galiña cos ovos

Ex. (acepc. 1): ¡Joder, colega, con tu primo hay que andar con todo el cuidado, que cualquier cosa que le digas te la toma a mal!

¡Foder, meu rei, con teu curmán hai que andar coma cos ovos hai que andar coma cos ovos na peneira hai que andar coma a galiña cos ovos, que calquera cousa que lle digas xa cha toma a mal! && ¡Foder, meu rei, a teu curmán hai que o levar/traer coma os ovos na peneira, que calquera cousa que lle digas xa cha toma a mal!

Ex. (acepc. 2): Oye, no tienes por qué andar con tanto cuidado con el ordenador, que aunque lo sacudas un poco no le vas a hacer ningún destrozo.

Oíches, non tes por que andar co ordenador coma cos ovos coma cos ovos na peneira coma a galiña cos ovos, que inda que o sacudas un pouco non lle vas facer ningunha canteira. && Oíches, non tes por que levar/traer o ordenador coma os ovos na peneira, que inda que o sacudas un pouco non lle vas facer ningunha canteira.

● Tamén:

Andar con algo ou con alguén con (todo o # moito # sumo) tento # tino # tacto # xeito && Andar con algo ou con alguén con moita (toda a # suma) conta && Andar con algo ou con alguén tino con tino

Ex. (acepc. 1): ¡Foder, meu rei, con teu curmán hai que andar con todo o coidado con moito tento con todo o tino con sumo tacto con todo o xeito con moita conta, que calquera cousa que lle digas xa cha toma a mal!

NOTA:

1. Unha variante das locucións todo o tento # tino # tacto # xeito, ou de toda a conta, teriámola engadindo ó final a locución preposicional do mundo:

Ex. (acepc. 1): ¡Foder, meu rei, con teu curmán hai que andar con todo o coidado do mundo con todo o tento do mundo con todo o tino do mundo con todo o tacto do mundo con todo o xeito do mundo con toda a conta do mundo, que calquera cousa que lle digas xa cha toma a mal!

2. Obsérvese, ademais, que para a primeira das “acepcións” indicadas, hai contextos en que estas expresións poderían confluír con varias das que no seu día reflectimos ó abordarmos as equivalencias galegas da locución castelá andar(se) # ir(se)... con pies de plomo:

Ex.: Últimamente está pasando un momento complicado y hay que andarse con él con pies de plomo para no hundirlo todavía más.

Ultimamente está a pasar un momento complicado e hai que andar con el coma cos ovos hai que andar con el coma cos ovos na peneira hai que andar coma a galiña cos ovos hai que andar con el con pés de la hai que andar con el con pés de manteiga hai que andar con el cos cinco sentidos ..., que calquera cousa que lle digas xa cha toma a mal!

3. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes, ou inspiradas nelas:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Domínguez Rial, Evaristo: “Fraseoloxía e paremioloxía de Bergantiños (Cabana de Bergantiños, Carballo e Coristanco”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 13, 2011, páxs. 301-404. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Ferro Ruibal, Xesús & Groba Bouza, Fernando: “Dichos y refranes y dialecto vianés de Laureano Prieto (1951)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 11, 2009, páxs. 259-282. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Guerra Otero, Pilar: Así falan en Trasar (1 e 2). Obra á que se pode acceder, a través de Internet, nos enderezos seguintes:

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1296813709/contido/Galego/exercicios/pilar11.html

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1296813709/contido/Galego/exercicios/pilar2.htm

- Irmandades da Fala: Vocabulario Castellano-Gallego de las Irmandades da Fala. Imprenta Moret-Galera, 48, A Coruña 1933.

- López Ferro, Xosé María: “Locucións, fórmulas e paremias do concello das Pontes de García Rodríguez”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 17, 2015, páxs. 135-178. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Martínez [agora, Martíns] Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “Hai cousas que parecen lousas. Unha nova achega á fraseoloxía do Cachafeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 18, 2016, páxs. 211-247. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Noriega Varela, Antonio: Como falan os brañegos. Ed. Nós, 1928, A Coruña.

- Zamora Mosquera, Federico: Refráns e ditos populares galegos. Ed. Galaxia, 1972, Vigo.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta