Por E.P. | A CORUÑA | 15/03/2022 | Actualizada ás 19:56
A Coruña acollerá, do 29 de abril ao 8 de maio, unha nova edición do Encontro Mundial de Humorismo (EMHU), unha cita que axunta, nun único evento, ás figuras e aos espectáculos de humor máis relevantes do panorama estatal.
Nomes como Luís Piedrahita, David Broncano, Eva Hache, Carolina Iglesias, Ana Morgade, Leo Harlem, Silvia Abril ou Xosé Antonio Touriñán, entre outros, serán cabezas do cartel.
A segunda edición de EMHU, impulsada pola produtoras Etiqueta Negra e O Espectador, contará con Luís Piedrahita como director artístico.
Pola súa banda, as e os artistas máis relevantes da escena cómica do país ofrecerán en directo, durante dous fins de semana, os shows máis destacados e seguidos do momento: 'La Vida Moderna', 'Estirando el Chicle' e 'Saldremos Mejores'.
Ademais, EMHU programará catro espectáculos de produción propia (Humoris causa, Fantastic Colofon, Sen datos non hai paraíso, Adiviña quen vén esta noite) e propostas como 'Na súa cabeza era espectacular'.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.