Baixan os casos activos en centros educativos nunha semana ata os 2.208

Pola contra, nas gardarías os casos aumentaron lixeiramente, dous casos con respecto ao 9 marzo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2022 | Actualizada ás 15:59

Comparte esta noticia

Os casos activos de Covid-19 en centros educativos de Galicia --desde o tres anos ata a Formación Profesional-- descenderon en 836 nunha semana e sitúanse en 2.208 a día 16 de marzo. En canto ás infeccións activas nas escolas infantís experimentan un lixeiro aumento, ata os 257 casos, dous máis que os contabilizados o pasado 9 de marzo.

Así se reflicte nos datos actualizados este mércores polas consellerías de Sanidade e de Educación, recollidos por Europa Press, que xa non especifican o número de casos vinculado a cada colexio, e abarcan unicamente ao total de casos activos por área sanitaria, que no caso de Lugo e Ourense corresponden aos de toda a provincia.

No caso concreto das escolas infantís, a área sanitaria con máis casos é a da Coruña, con 65; seguida pola de Vigo, con 63. Ademais, hai 36 casos na de Santiago; 28 na de Ourense; 24 na de Pontevedra; 21 na de Ferrol; e 20 na de Lugo.

CENTROS EDUCATIVOS

En canto aos centros educativos con alumnos maiores de tres anos, a área con máis casos tamén é o da Coruña, con 540 casos; seguida tamén pola de Vigo, con 348. Pola súa banda, na área de Santiago permanecen activos 339 casos; na de Pontevedra, 276; na de Lugo, 274; na de Ourense, 232; e, por último, na de Ferrol, 199.

BAIXAN OS CASOS EN RESIDENCIAS

Así mesmo, segundo os datos facilitados pola Consellería de Política Social, os casos activos de covid-19 nas residencias de maiores e de persoas con discapacidade en Galicia descenden de novo ata os 328 --22 menos que a semana pasada--.

En concreto, na área sanitaria de Ourense hai un total de 90 casos activos en residencias, 86 na de Lugo, 45 na de Santiago, 44 na de Vigo, 28 na da Coruña, 25 na de Ferrol e 10 na de Pontevedra.

Un neno xoga nunha escola infantil / Xunta de Galicia. / Europa Press
Un neno xoga nunha escola infantil / Xunta de Galicia. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta