Celebrando 175 anos de cultura e beneficiencia do "Ateneo de Galicia"

O Circo de Artesáns da Coruña celebra este venres 18 de marzo unha serie de actividades para lembrar a súa contirbución á cidade.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 17/03/2022 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

O Circo de Artesáns da cidade da Coruña está de aniverasio. Este 19 de marzo fai 175 anos desde a súa fundación, aló polo 1847, en plena efervescencia das ideas liberais nunha das cidades máis avanzadas de Galicia no seu tempo.

Circo de Artesáns da Coruña
Circo de Artesáns da Coruña | Fonte: remitida

Para celebralo realizaranse este venres 18 de marzo unha serie de actos aos que asistirán a alcaldesa da Coruña, o delegado territorial da Xunta de Galicia, a concelleira de Asuntos Sociais, representantes dos grupos políticos municipais, representantes doutras institucións e entidades culturais e sociais.

Esta celebración acabará cun emotivo Himno Galego, interpretado por Alexandre Ruíz, mestre e director do grupo de gaitas de Cántigas da Terra -agrupación musical galega coa que o Circo mantén unha relación estreita secular- e cantado polas persoas presentes. 

Posteriormente haberá un antar especial na Cociña Económica da Coruña, xa que esta entidade foi fundada en 1886 polo Circo de Artesáns, sendo a día de hoxe a institución benéfica máis antiga de Galicia. Haberá un brinde iniciado polo presidente do Circo de Artesáns e seguido polos asistentes. Doarase parte do importe do xantar para a Cociña Económica.

Tamén haberá un acto coa soparno Susana de Lorenzo, acompañada polo pinaista escocés Rupert Twine que  interpretará unha selección de “melodías galegas” de Adalid, Osterberger,Castro Chané, Baldomir, Montes e Gaos.

HISTORIA

O Circo de Artesáns é a asociación cultural e recreativa viva máis antiga de Galiza. Tamén no seu tipo é a máis antiga de todo o Estado español. "A súa folla de servizos en canto a actividades culturais, sociais e de benficencia resulta singular, incomparábel e verdaderiamente impresionante. Polos seus traballos e pola súa influencia, que superaron en moitas ocasións o ámbito local da Coruña, foi denominada o Ateneo de Galicia", indica a entidade nun comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta