Consideran unha "boa práctica" que as empresas galegas vaian a Portugal

Galicia e Norte de Portugal destacan a importancia de buscar a "complementaridade" entre ambos os territorios.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 17/03/2022 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal destacou a importancia de buscar a "complementaridade" entre ambos os territorios para aproveitar así o que un "fai mellor" que o outro e "copialo".

Así o sinalou o subdirector da AECT, Xosé Lago, quen indicou que facer o contraria sería "completamente absurdo". Neste sentido, explicou que aínda que moita xente considera unha "ameaza" a "boa política" en canto a captación de empresas que está a levar a cabo Portugal, non é así.

Nuno Almeida e Xosé Lago no almorzo informativo deste xoves.. AECT EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL
Nuno Almeida e Xosé Lago no almorzo informativo deste xoves.. AECT EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL | Fonte: Europa Press

"É unha boa práctica na cal os galegos estamos a tratar de aprender e traballar", reivindicou Lago, quen engadiu que noutros aspectos é Galicia a que vai á vangarda e faino "mellor", polo que Portugal está a copiar o modelo. Así, referiuse a a descentralización administrativa, xa que o país veciño traballa na "autonomización" do seu territorio.

En declaracións aos medios tras un almorzo informativo para explicar as novas liñas nas que traballa a AECT da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, o director da agrupación, Nuno Almeida, puxo en valor a importancia de buscar a reactivación económica tras a "impactante experiencia" da pandemia, que supuxo o peche das fronteiras.

No ámbito cultural, a Eurorrexión tamén traballa para promover o Camiño de Santiago, certificando os itinerarios ao lado portugués. Ademais, busca fomentar a cultura e a lingua de ambas as rexións a través de concursos literarios para novos talentos ou dando a coñecer a escritores a través de charlas e coloquios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta