Por E.P. | A CORUÑA | 17/03/2022 | Actualizada ás 15:20
A Deputación da Coruña ultima a mellora da estrada de San Pedro de Visma onde o martes faleceu nun accidente de tráfico unha persoa, un mozo que ía de copiloto no coche, e cuxo condutor está investigado por homicidio imprudente.
A preguntas dos xornalistas con motivo da súa presenza na firma dun convenio na institución provincial, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, manifestou que nesa estrada estaba proxectada a mellora da seguridade viaria e que agora tratarán de aceleralo "na medida do posible" de face á súa execución este mesmo ano.
Sobre a posibilidade de que pase a titularidade municipal, Formoso manifestou que o organismo provincial está a elaborar un plan para que a posible cesión destas estradas a concellos "non sexa froito da improvisación".
"Temos todo tipo de peticións e causísticas para ofertar as que teñan sentido", dixo Formoso citando aquelas que teñan ámbito máis urbano.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.