Esta fin de semana pechan na área de Pontevedra os únicos 'vacinódromos' aínda abertos en Galicia

Segundo informou esta área sanitaria, ata final desta semana, tanto no edifico administrativo da Xunta en Pontevedra como en Fexdega en Vilagarcía de Arousa, vacinarase a todas as persoas que acudan que aínda non teñan posta ningunha dose da vacina.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2022 | Actualizada ás 17:08

Comparte esta noticia

A área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés pechará este fin de semana os únicos centros de vacinación masiva fronte á Covid-19, coñecidos como 'vacinódromos', aínda abertos na Comunidade galega, tras o peche progresivo do resto.

Segundo informou esta área sanitaria, ata final desta semana, tanto no edifico administrativo da Xunta en Pontevedra como en Fexdega en Vilagarcía de Arousa, vacinarase a todas as persoas que acudan que aínda non teñan posta ningunha dose da vacina.

Así, este venres 18 de marzo están citados no edificio da Xunta en Campolongo 300 nenos menores de 12 anos para a segunda dose pediátrica en quenda de tarde, mentres que no de mañá administraranse cen terceiras doses de repesca a persoas de 18 a 69 anos.

Pola súa banda, en Fexdega en Vilagarcía de Arousa está previsto administrar 50 terceiras doses a persoas de repesca de 18 a 69 anos en quenda de mañá e 70 segundas doses a nenos menores de 12 anos en quenda de tarde.

E a partir do luns 21 de marzo toda a vacinación poboacional Covid da área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés concentrarase nos hospitais de Montecelo e O Salnés, polo que quedarán "inactivos", destacan por parte da área sanitaria, os puntos de vacinación emprazados no edificio da Xunta en Campolongo e en Fexdega.

Edificio en Pontevedra que albergará a partir do 19 de novembro de 2021 o novo punto de vacinación COVID poboacional, na sala de exposicións do edificio administrativo da Xunta. ÁREA SANITARIA DE PONTEVEDRA E O Salnés
Edificio en Pontevedra que albergará a partir do 19 de novembro de 2021 o novo punto de vacinación COVID poboacional, na sala de exposicións do edificio administrativo da Xunta. ÁREA SANITARIA DE PONTEVEDRA E O Salnés | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta