Rescatado un menor que quedou pechado no cuarto de baño da súa casa en Arteixo

O motivo foi a rotura da pechadura da porta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2022 | Actualizada ás 11:02

Comparte esta noticia

A intervención dos Bombeiros de Arteixo permitiu liberar a un menor pechado nun cuarto de baño nesta localidade por mor da rotura da fechadura da porta. Así o informou o 112 Galicia, que detallou que para poder sacalo, deberon intervir os bombeiros do parque comarcal situado na localidade de Arteixo.

Unha chamada da súa familia ao 112 Galicia ás 22,30 horas deste pasado xoves permitiu activar un operativo de rescate, do que formaron parte axentes da Policía Local, os Bombeiros de Arteixo e os membros do servizo local de Protección Civil.

Bastaron as manobras dos efectivos de extinción e salvamento para que o neno saíse da estancia e se reunise de novo coa súa familia, destacaron as mesmas fontes. O bo estado de saúde do menor descartou a mobilización de persoal sanitario.

Servizo de bombeiros
Servizo de bombeiros

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta