Ferido grave tras chocar contra un muro e incendiarse o coche en Negreira

Tamén envorcou un camión en Piñor.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2022 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

Un mozo resultou ferido nun accidente de tráfico rexistrado na madrugada deste venres na parroquia de Ponte Maceira, no municipio coruñés de Negreira, ao chocar un coche contra un muro tras o que se incendiou.

Segundo relataron os Bombeiros de Santa Comba, recibiron ás 00,41 horas deste venres o aviso por este accidente cun coche que ardía na estrada AC-544 ao seu paso por Ponche Maceira.

Como consecuencia do impacto, o condutor, que saíu polos seus propios medios do vehículo, sufriu diversas lesións, das que foi atendido nun centro hospitalario, sinalou o 112 Galicia.

Os feitos ocorreron ás 00,30 horas deste venres, tal e como indicou a persoa que chamou ao 112 Galicia para informar dun condutor ferido grave e tendido na vía por mor dunha colisión. Ademais, engadiu que o coche ardía, polo que, ademais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, era necesaria a intervención dos bombeiros.

CAMIÓN DE CONXELADOS ENVORCADO

Por outra banda, no atardecer deste pasado xoves tivo lugar outro sinistro, neste caso cun camión conxelador implicado, que envorcou na AG-53, en Loeda, no municipio de Piñor. Este accidente causou algunha dificultade na circulación mentres duraron os traballos para a retirada do vehículo. Con todo, nin chegou a arder, nin o condutor quedou atrapado como se pensaba inicialmente, matizou o 112.

Outro coche queimado en Arteixo (A Coruña). GARDA CIVIL
Outro coche queimado en Arteixo (A Coruña). GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta