Convocada unha manifestación en Pontevedra por CC.OO. e UGT o día 23 contra a suba de prezos da enerxía

O obxectivo destas mobilizacións é esixir ao Goberno que tome medidas fronte ao incremento desmedido do IPC e busquen solucións para reducir os prezos da enerxía e doutros bens básicos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2022 | Actualizada ás 19:01

Comparte esta noticia

Os sindicatos Comisións Obreiras e UGT convocaron unha manifestación para o día próximo mércores, día 23 de marzo, en Pontevedra co obxectivo de mostrar o malestar de toda a cidadanía pola subida xeral dos prezos da enerxía. A protesta partirá ás 19,30 horas da praza do Hospital Provincial para terminar na praza da Peregrina.

Nunha rolda de prensa celebrada este venres, o secretario comarcal de Pontevedra e Arousa de UXT, Ramón Vidal, e o secretario de organización de Comisións Obreiras-Pontevedra, José Luís García Pedrosa, animaron a toda a cidadanía a unirse a esta mobilización, que se realizará en colaboración con Facua e a Unión de Profesionais de Autónomos.

O obxectivo destas mobilizacións é esixir ao Goberno que tome medidas fronte ao incremento desmedido do IPC e busquen solucións para reducir os prezos da enerxía e doutros bens básicos. Trátase dunha iniciativa que se realizará de forma simultánea a nivel nacional. "Disto depende a economía de moitas familias e a viabilidade de moitas empresas", advertiu Ramón Vidal.

Alerta o dirixente de que en próximas datas chegará o momento de negociar os convenios colectivos en moitos sectores e os empresarios parecen non estar polo labor de adecuar os salarios acorde á inflación actual, co que a clase traballadora perderá aínda máis poder adquisitivo.

Na mesma liña hase pronunicado García Pedrosa, quen non comprende como o Goberno non tomou aínda "medidas rápidas, nin tampouco provisionais, para a cidadanía". Regular o prezo do gasóleo debería ser, ao seu entender, unha das principais prioridades.

"Estamos preto da parálise económica", alertou Pedrosa. "Non é unha manifestación dos sindicatos, é unha manifestación cidadá", puntualiza o portavoz sindical sobre unha marcha na que participarán tamén colectivos veciñais e de autónomos de toda Galicia. "Hai que traducir o malestar nunha protesta ampla para presionar ao Goberno e á Xunta", engadiu o secretario de Comisións Obreiras.

No manifesto, os convocantes esixirán ao Goberno o cambio do sistema de fixación do prezo da electricidade, pór couto aos beneficios extraordinarios e abusivos das eléctricas, a aceleración dos investimentos para reducir a dependencia enerxética externa, a porotección ás familias, o apoio á industria, agricultura, gandaría e pesca; a activación do sistema RED para protexer o emprego e a regulación dos prezos do aluguer de vivendas.

Traballadores da industria electrointensiva maniféstanse en Santiago de Compostela para reclamar unha 'solución' para o sector que pase pola aprobación dun estatuto que fixe prezos 'competitivos' para a enerxía. A manifestación, convocada por l. Álvaro Ballesteros - Europa Press - Arquivo
Traballadores da industria electrointensiva maniféstanse en Santiago de Compostela para reclamar unha 'solución' para o sector que pase pola aprobación dun estatuto que fixe prezos 'competitivos' para a enerxía. A manifestación, convocada por l. Álvaro Ballesteros - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta