Volve a tempada de pesca fluvial a Galicia: estas son as normas a ter en conta

O período de pesca irá ata o 31 de xullo, aínda que hai excepcións na pesca de salmón e reo. Os luns non se poderá pescar.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2022 | Actualizada ás 17:38

Comparte esta noticia

A tempada de pesca fluvial comezou este domingo na maior parte dos ríos galegos con máis de 41.000 licenzas expedidas fronte ás 37.000 do ano pasado, un símbolo de "volta á normalidade". Con motivo da primeira xornada para a pesca de troita, a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, visitou un tramo do río Landra. No acto explicou que a tempada se estenderá ata o 31 de xullo.

Ademais, destacou que, do mesmo xeito que a tempada pasada, os luns serán inhábiles para pescar, excepto en festivos nacionais ou autonómicos, e os xoves serán hábiles para a modalidade de pesca sen morte en todas as masas de auga, excepto o 14 de abril (Xoves Santo), no que se poderá exercer a actividade segundo a modalidade de pesca autorizada en cada coto.

Fronte ás 37.000 licenzas expedidas o ano pasado, esta tempada tramitáronse 41.225 licenzas en Galicia. Segundo a directora xeral de Patrimonio Natural isto significa que hai unha "volta á normalidade" tras dous anos marcados polo covid. Belén do Campo desexoulles aos 8.822 pescadores con licenza na provincia de Lugo unha "boa tempada" e aproveitou a ocasión para resaltar á "gran riqueza natural" da zona, xa que se inclúe dentro da Rede Natura 2000 e na Reserva da Biosfera Terras doMiño.

PERÍODOS

Aínda que do Campo anunciou que a tempada oficialmente termina o 31 de xullo, nos cotos con convenio alongouse ata o 30 de setembro na modalidade de pesca sen morte. Ademais, aínda que a tempada xeral empeza este domingo, nas augas salmoneiras, as de reo e nas de montaña comezará o 1 de maio.

No caso da pesca de salmón, aínda que o período vai desde o 1 de maio ata o 31 de xullo, poderase adiantar o seu fin en función do número de capturas e nos tramos compartidos do río Eo e nos cotos do Ulla, o período terminase o 31 de xuño. Aínda que a tempada de reo xeralmente acabe o 31 de xullo, prorrogarase ata o 30 de setembro nos cotos de Betanzos, Noia, Noval Padrón, A Ponte do Porto, Ribeiras, Segade, Trabal, Xuvia e Lambre. No caso dos cotos de Ponte Arnelas, Pontevea, Santeles, Sinde e Ximonde será ata o 31 de agosto.

TAMAÑOS

Como normal xeral, a Xunta informou de que se establece a posibilidade de capturar seis exemplares de troita ao día por persoa, cunha talla mínima de 19 centímetros. Para o salmón establécese que se pode pescar un exemplar ao día por persoa e cunha dimensión mínima de 40 centímetros ou 45 no caso dos cotos compartidos con Asturias.

O cociente anual de peixe no río Ulla queda fixado en 30 salmóns, en Mandeo de 5, en Masma de 15, en Miño de oito, e no de Salmeán de 10 salmóns. No resto de cotos autorizados no río Eo non hai límite anual de captura.

Un pescador, lanza a cana no río Asma, en Chantada, durante o primeiro día de tempada de pesca fluvial, a 20 de marzo de 2022, en Lugo. Carlos Castro - Europa Press
Un pescador, lanza a cana no río Asma, en Chantada, durante o primeiro día de tempada de pesca fluvial, a 20 de marzo de 2022, en Lugo. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta