O PP insiste en reconstruír o poder municipal coa ollada posta nas deputacións

Alfonso Rueda mantivo un encontro coa formación local de Vilaboa, á que tratou de "alternativa".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2022 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

O presidente provincial do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, reivindicou ao Partido Popular de Vilaboa como unha alternativa, de cara ás próximas eleccións municipais, "seria e estable". Este fin de semana Alfonso Rueda reuniuse coa xunta local do Partido Popular de Vilaboa, dentro dos encontros que mantén por toda a provincia e que están orientados a recuperar poder local nas vindeiras eleccións. Cómpre lembrar que o PP só domina unha Deputación --Ourense-- e esta corresponde a unha á do partido distanciada de Feijóo, a de Manuel Baltar, herdeira simbólica do sector 'da boina' de Cuíña.

Así, Rueda destacou o traballo e o compromiso do grupo municipal e do seu portavoz, Alberto Acuña, na defensa dos intereses dos veciños. Un traballo que definiu como "constante e comprometido" durante tres anos, "a pé de rúa, escoitando e interesándose polas cuestións que lles preocupan e afectan".

O presidente do PP pontevedrés remarcou diante dos membros do Partido Popular da localidade que "canto máis escoiten, máis acertarán". Neste sentido, subliñou, coa vista posta nas eleccións municipais do próximo ano, que é fundamental chegar cada vez a máis xente, a persoas que están descontentas co Goberno local e que buscan unha alternativa "seria e estable" que, asegura, poderán atopar nos populares.

Alfonso Rueda mantén un encontro cos populares de Vilaboa. PP PONTEVEDRA
Alfonso Rueda mantén un encontro cos populares de Vilaboa. PP PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta