Morre o mozo rescatado este domingo por un helicóptero en Valdoviño

Fora arrastrado pola corrente na zona de Punta Corveira.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/03/2022 | Actualizada ás 15:12

Comparte esta noticia

Un mozo de 28 anos que foi rescatado sobre as 11,50 horas deste domingo polo helicóptero 'Helimer 401' de Salvamento Marítimo, cando era arrastrado pola corrente, na zona de Punta Corveira, nas proximidades da praia de Pantín, en Valdoviño (A Coruña), faleceu horas máis tarde, debido á gravidade das lesións que presentaba.

Así o trasladaron fontes consultadas, que apuntaron que os restos mortais serán trasladados nas próximas horas a Valdoviño para ser velados.

Este falecemento causou un grande impacto na parroquia de Pantín, lugar no que o mozo residía e onde, ademais, era moi coñecido.

Helicóptero Helimer 401
Helicóptero Helimer 401 | Fonte: SALVAMENTO MARÍTIMO.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta