A unidade do independentismo

O independentismo galego acudirá, logo de varios anos de desencontros, unido aos actos do vindeiro 25 de jullo. Baixo o lema 'Autodeterminación', a plataforma Causa Galiza convoca unha manifestación unitaria que partirá da Alameda ás 13.00 horas...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 23/07/2007 | Actualizada ás 19:51

Comparte esta noticia

"Causa Galiza convoca a cidadania para a manifestaçom do 25 de Julho à umha da tarde Compostela

Causa Galiza, entidade social ampla e de esquerda na que confluem pessoas, colectivos, organizaçons e forças políticas galegas comprometidas com a defesa do direito de autodeterminaçom do nosso país, chama a todos os sectores da esquerda soberanista a participarem na manifestaçom unitária que convoca para o dia 25 de Julho, que vai partir às 13:00 horas da Alameda compostelana, baixo o lema "Autodeterminaçom".

O objectivo desta marcha e da própria Causa Galiza é o de iniciar uma nova caminhada conjunta que sirva para dar coerência e unidade às reivindicaçons existentes no seio do nosso povo, e que nom estám representadas nos consensos da oficialidade, nem na só aparente diversidade de ofertas políticas da precária democracia em que vivimos. Como recolhe o manifesto da organizaçom, "sem dispormos de poder de decisom para contornar a condenaçom ao deterioro social e ambiental prolongado e à desapariçom final como naçom".

É por isto que "o reconhecimento do direito de autodeterminaçom é umha garantia fundamental dum futuro de liberdade e justiça social, porque sem autodeterminaçom nom pode haver democracia." Neste sentido, na busca do mais amplo dos consensos possíveis, é a necesidade de que tenham voz as ánsias desse amplo sector do povo galego que nom renuncia ao exercício dos direitos nacionais do nosso país a que leva a Causa Galiza a fazer um chamamento a toda a cidadania galega a participarem desta manifestaçom unitária nacional.

Entre todas e todos havemos defender a nossa firme aposta por estes princípios e a máxima flexibilidade na acçom, para ganharmos mais galegos e galegas à causa da libertaçom nacional e social.

Por outra parte, e para realizar con maior efectividade o seu labor, a plataforma Causa Galiza abriu a sua páxina na Internet, no endereço www.causagz.org, que vai contribuír como umha ferramenta mais na difussom do direito de autodeterminaçom. Desde este espaço na rede vai proporcionarse informaçom dos distintos actos que no futuro realizar a plataforma, assi como os diferentes materiais e textos disponibilizados pola Causa Galiza".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 29 comentarios

24 Félix

O primeiro, precisar que non teño problemas para entender o galego lusista... Moito inglés por todos oscurrunchos do país e algúns alporízanse polo lusismo. Curioso. Perón, coido que sería máis práctico -mesmo políticamente- aceptar o galego que utiliza a maioría.
Ao marxe desas consideracións, só quixera dicer que na miña opinión a iniciativa de Causa Galiza é unha boanoticia -tamén para moitos dos que non somos independentistas-: sempre é positivo que as opcións políticas teñan presenza na sociedade.
Os xuizos de valor sobre o futuro de Causa GZ haberá que facelos no futuro. Entrementres, benvidos á política cotiá.

23 anxo

Eu tamen me sumo e o nacionalismo galego está representado por os teleñecos anxo Quin e anxela Bu (la teleñedca sonriente). Que non nos estorbe naide nin pola mais extrema esquerda nin pola dereita.Hei Quin

22 anónimo

Súmome a condéa unánime do uso da violencia e da algarada. Sodes a vergonza da Galiza. Se non fóse porque van por ahi rompendo cousas, ninguén lles dedicaría unha liña que, dende logo, non merecen.

Estou dacordo con moitos post dos que aqui se comentan. Hoxe en día o bng é a única forza organizada que representa ó nacionalismo galego. E na miña opinión, dun moi bó xeito por parte de anxo e de ánxela. Teño qie dicir que hai algún elementos cos que non comulgo de todo, e que cóstame moito tragar (como o do bng de lugo), pero tamén digo que estou levando sorpresas moi boas, como a de tello na coruña, que está a contribuir na gobernabilidade da cidade herculina, propoñendo reformas galegistas, pero acadando sempre o respaldo dos socialistas, e non intentando impor unhas medidas. Esa é unha política que a min gústame moito porque penso que é o que quere a cidadanía. E tamén estou co vicepresidente. Está, na miña opinión, facendo o que fai falla: levar a cabo un proxecto de pais con medidas concretas e traballando no día a día.

Dende logo, galiza e portugal comparte moitísimas cousas, moitas máis cas que compartimos con murcia ou catalunya, pero galiza non é portugal.

Aínda que é certo que non entendo porque non estudamos portugués nas escolas, xa que o beneficio do comercio con portugal (e por extensión do brasil) é evidente.

21 galiza ceive!

súmome a condéa unánime do uso da violencia e do algarabato. Sodes a vergonza da Galiza. Se non fóse porque van por ahi rompendo cousas, ninguén lles dedicaría unha liña que, dende logo, non merecen.

Estou dacordo con moitos post dos que aqui se comentan. Hoxe en día o bng é a única forza organizada que representa ó nacionalismo galego. E na miña opinión, dun moi bó xeito por parte de anxo e de ánxela. Teño qie dicir que hai algún elementos cos que non comulgo de todo, e que cóstame moito tragar (como o do bng de lugo), pero tamén digo que estou levando sorpresas moi boas, como a de tello na coruña, que está a contribuir na gobernabilidade da cidade herculina, propoñendo reformas galegistas, pero acadando sempre o respaldo dos socialistas, e non intentando impor unhas medidas. Esa é unha política que a min gústame moito porque penso que é o que quere a cidadanía.

Dende logo, galiza e portugal comparte moitísimas cousas, moitas máis q

20 de aquí

Oscar lee bien lo que he puesto.Simplemente con eso es suficiente para ver hasta dónde podemos coincidir.

Además algo más arriba dejas clara tu postura que, salvo que ahora la rectifiques, es bastante coincidente con la mía en la consideración de ese grupo.