Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/03/2022 | Actualizada ás 18:23
Tres menores foron detidos na Estrada pola Garda Civil por unha suposta agresión sexual a outra menor de 16 anos de idade ocorrida o pasado martes, día 15 de marzo.
Segundo fontes da investigación, os feitos foron denunciados pola menor dous días despois, o xoves 17 de marzo.
Tras iso, a Garda Civil procedeu á detención dos menores, aos que se lles tomou declaración. Os arrestados quedaron en liberdade, custodiados polos seus pais e a disposición da Fiscalía de Menores.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.