Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2022 | Actualizada ás 17:23
Unha persoa foi trasladada na noite deste pasado martes ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) despois dunha suposta pelexa rexistrada no centro histórico compostelán.
Así o informou a Policía Local, que indicou que sobre as 23,15 horas deste martes pasado auxiliou a unha persoa na Praza do Toural por unha suposta pelexa, debido ao que foi trasladada ao servizo de Urxencias do CHUS.
Por outra banda, a Policía Local acudiu ás 16,15 horas do martes por un accidente de tráfico na confluencia da rúa Montero Ríos con Alfredo Brañas debido á caída dunha motocicleta, que se saldou cun ferido leve. Por este sinistro, abríronse dilixencias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.