A Deputación da Coruña inaugura en Buño unha mostra sobre o artista Xosé Vizoso

Poderá visitarse ata o 30 de xuño.

Por E.P. | A CORUÑA | 23/03/2022 | Actualizada ás 18:54

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña inaugurou en Buño a primeira mostra retrospectiva sobre a traxectoria de Xosé Vizoso no Ecomuseo Forno de Forte, onde permanecerá exposta ata o 30 de xuño. Ademais do propio artista, no acto inaugural participaron o deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas, e o alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo Parga, entre outros.

Trátase dunha exposición que, ademais de ser a primeira retrospectiva que se lle dedica a Xosé Vizoso, supón, ademais, a primeira das actividades que acolle Forno de Forte desde a recente remodelación para adaptar tres salas a actividades temporais. 

Xosé Vizoso. ARMANDO REQUEIXO
Xosé Vizoso. ARMANDO REQUEIXO | Fonte: TWITTER

Por outra banda, segundo informa a institución provincial, o Auditorio de Rianxo acolle este venres, ás 21,00 horas, a posta en escena da obra 'Gloria nacional', da compañía Teatro do Noroeste, financiada pola Deputación con motivo da celebración do Día do Teatro 2022.

Xa no ámbito das actuacións vinculadas con obras provinciais, este organismo avanza que apoiará o Concello de Carnota no financiamento das obras do plan de renovación integral da iluminación pública e que levará ao pleno do venres a aprobación dun convenio de colaboración co Concello de Aranga para pavimentación de estradas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta